Diferenzas entre revisións de «Salto, Vimianzo»

==Historia==
[[Imaxe:Batans_do_mosquetin.jpg|thumb|200px|left|Batáns do Mosquetín]]Tomando en referencia os restos castreños en [[Castro]] e mámoas en [[Reparada, Salto, Vimianzo|Reparada]], pódese asegurar que os orixes de esta [[comunidade]], ó igual cas súas veciñas colindantes, remóntanse a antes da chegada dos romanos.
Nembargantes, é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico [[arco de medio punto]] románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a [[bóveda]] da sacristía e os capiteles das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo [[gótico]]. No [[1789]] foron engadidos dous retablos máis obra de [[Francisco Agudín]], de estilo [[neoclásico]] e outros vestixios coma a [[Virxe do Rosario]], de líneas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no [[1956]], sendo definitivamente una igrexa de cruz latina.
Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o exeeixe da economía correspóndelle ós [[Batáns do Mosquetín]].
Estes muiños sitúanse á esquerda do [[Río Grande, Terra de Soneira|río Grande]] e suman en total sete máis tres [[batánsbatán]]s. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o [[liño]] e [[]]. Durante séculos constituiu unha importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló dos límites naturais de [[Terra de Soneira|Soneira]]. Actualmente están sendo rehabilitados pola [[Deputación da Coruña]] co obxetivo de reformalos nun museo.
 
==Ermitas==
102.516

edicións