Isaac I Comneno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons
Liña 1:
[[Imaxe:Histamenon_nomisma-Isaac_I-sb1776.jpg|thumb|right]]
'''Isaac I Comneno''' (''c''. [[1005]] - [[1061]]) foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] de [[1057]] a [[1059]]. Foi o primeiro emperador da dinastía [[Dinastía Comneno|Comneno]].
 
Isaac era fillo de Manuel Comneno, un oficial do emperador [[Basilio II]] que no seu leito de morte encomendara aos seus dous fillos, Isaac e Xoán, ao emperador. Este encargárase de que os dous recibisen unha esmerada educación no [[mosteiro de Studion]]; máis adiante, deulles importantes cargos no exército. En [[1057]] era o comandante en xefe do exército bizantino, e encabezou unha rebelión contra o emperador [[Miguel VI Estratiótico|Miguel VI]]. O 8 de xuño dese ano foi proclamado emperador polas súas tropas e elevado sobre un escudo, segundo a antiga tradición militar. O 20 de agosto dese mesmo ano derrotou ás tropas de Miguel II, e o 1 de setembro entrou triunfante en [[Constantinopla]].