Constantino García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado obras - en edición
amaño ligazón
Liña 1:
'''Constantino García González''', nado en [[Oviedo]] en [[1927]] e falecido en [[Santiago de Compostela]] o [[23 de outubro]] de [[2001]], foi un lingüista e escritor [[Galicia|galego]].
 
En [[1965]] chegou á [[Universidade de Santiago]] para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do [[Instituto da Lingua Galega]] en [[1971]] e do [[Centro Ramón Piñeiro]] en [[1993]]. En [[1982]] ingresa na [[Real Academia da LinguaGalega]], entidade da que foi secretario entre [[1997]] e [[2001]].
 
Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na [[Televisión de Galicia]] do programa ''[[Cousas da lingua]]'', un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do [[Atlas Lingüístico Galego]] e de diversas obras [[lexicografía|lexicográfica]].