Giorgio Agamben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Xas (conversa | contribucións)
Liña 10:
 
===Homo sacer===
Entre as súas obras destaca ''Homo Sacer'' que enuncia unha [[filosofía política]] na que estuda as relacións entre o dereito, poder soberano e as expresións cívico-sociales deste último. Crítico da sociedade contemporánea, que analiza desde un enfoque que rompe cos paradigmas constitucionalistas do [[Estado de dereito]], o seu pensamento da continuidade ás formulacións de Benjamin e [[Foucault]], dous autores centrais no discurso argumental, no que fai unha descrición dramática do cidadán desposuido, diminuido a unha condición política vexetativa, onde as expresións de participación política foron esterilizadas.
 
Retoma a distinción aristotélica entre ''zoe'' e ''bios'', conceptos descritivos da vida espida de atributos e vida digna, advirte como na sociedade contemporánea, onde abundan os grupos humanos baixo mínimos (emigrantes, refuxiados, deportados, etcétera) redescúbrese o [[homo sacer]], a vida espida, a realidade biolóxica desprovista de toda condición cívica... Unha proxeción da biopolítica enunciada por Foucault, como forma degradada da democracia política e expresión do poder sobre un conxunto social no tanto de ciudadáns como de seres vivos.