Montes Zagros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 15:
 
== Historia ==
Os Montes Zagros xogaron un papel decisivo na [[Revolución Neolítica]]. Aquí, en alturas entre os 700 e os 1500 m, medraban, e medran, de forma espontánea as variedades salvaxes dos cereais ([[trigo]], [[cebada]]) e dalgunas legumes ([[lentella]]s, [[chícharo]]s) que logo foron domesticados polos humanos arredor do X e IX milenio a.n.e., en outeiros, ladeiras e planaltos de altura algo inferior, e onde se daban as condicións de pluviosidade, con choivas de inverno e primavera, apropiadas para as variedades que comezaron a ser cultivadas, Do mesmo xeito había as variedades salvaxes de [[Capra|cabras]] (''Capra higrus aegragus'') - exceptuado o can a primeira especie animal que foi amansada -, ovellas (Ovis orientalis), asno, e outros, que foron domesticados. O xacemento de [[Shanidar]] ostenta aínda a primacía cronolóxica do descubrimento da agricultura. Outros primixenios xacementos neolíticos como [[Ali Kosh]], [[Ganj-i Dareh]], [[Jarmo]], [[Tepe Asyab]], [[Tepe Sarab]], etc., sitos nos Zagros indican que este foi un dos centros no que se efectuou o paso dunha economía recolectora a outra productora.
 
== Ver tamén ==