Existencialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
=='''Obxecto de reflexión da filosofía existencialista'''==
 
unael ijueputaexistencialismo de la filosófica dos pensadores existencialistas arranca dun estudo da [[existencia]] humana, entendida como una “realidade” individual peculiar e diferente do resto dos obxectos da [[natureza]]. Estes últimos, como indica Heidegger, están aí diante, á vista, podendo un observalos e reflexionar [[Obxectividade | obxectivamente]] sobre eles. Por exemplo, a árbore que está aí no meu xardín e que estou a contemplar. Os obxectos do mundo, como esta árbore, teñen unha serie de características comúns con outros obxectos similares que permiten elaborar unha [[definición]] idéntica para todos eles. Este sería, precisamente, un dos obxectivos de gran parte da filosofía tradicional, é dicir, definir o que as cousas son en función da [[esencia]] común a todos os exemplares da mesa [[especie]]. Pero a nosa existencia nunca se nos presenta como algo contemplable e exterior a nós mesmos (como, por exemplo, a árbore que está enfronte de nós), senón que, como di Marcel, é un “misterio” no que cada un está incorporado (''[[O misterio do ser]]''). A existencia [[experiencia | experimentámola]] só en primeira persoa vivíndoa. Eu experimento a miña existencia, ti a túa, etc. Existir, ademais, consiste na realización ou exercicio dun modo de [[ser]] propio, non compartible, pois acontécelle só a un mesmo e a ninguén máis. A miña existencia é miña e nunca pode saír de min cara outro, así como a túa existencia é tamén exclusivamente túa. De aí que cada existencia humana sexa diferente, coas súas características propias froito das vicisitudes persoais na vida de cada un. Por todo isto os filósofos existencialistas consideran que o ser humano ten un modo peculiar de existir, diferente da existencia dos demais [[ente | entes]] (pedras, plantas, animais, etc.). No primeiro caso trátase dun modo de ser exclusivamente individual e [[continxente]], mentres que no segundo caso son entes susceptibles dunha definición universal e invariable. Esta é a razón de que escollan termos diferentes para expresar a existencia, segundo se trate da existencia dun ser humano ou doutro ente non humano, por exemplo: o par ''Existenz'' (humana)-''Vorhandensein'' (dos entes) en Heidegger, ou o par ''Pour soi'' (humano)- ''En soi'' (das cousas) en Sartre, etc.
 
=='''Metodoloxía existencialista'''==