Charlie Parker: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons
mSen resumo de edición
Liña 4:
Parker é un froito da efervescencia creativa da Kansas City dos anos trinta, onde a permisividade do goberno local facía que os locais onde se servía alcohol ilegal non só estivesen abertos, se non que o fixesen 24 horas. Isto provocou a afluencia de músicos en busca de traballo e creou unha escena onde predominaban os saxofonistas e o [[blues]].
 
O seu pai, que fora cantante de variedades, abandonouno de novo e súa nai traballou duro de asistente nun hospital para que Charlie tivese estudos, pero xa na escola secundaria viuse que o seu interese só estaba na [[música]]. AliAlí estudou con [[Alonzo Lewis]] pero a maioría do que aprendeu fíxoo pola súa conta. Tras pasar por varios instrumentos quedouse no [[saxo]] alto, aínda que seguiría tocando o tenor esporadicamente (incluída unha sesión liderada por [[Miles Davis]] en [[1947]]).<br>
 
Con 15 anos xa era un músico profesional, bastante malo polo que din os que o coñeceron de novo, até que se foi de xira coa [[orquestra]] de [[George Lee]] e se encerrou a estudar, para volver sendo xa un dos grandes do seu tempo.
En [[1938]] emigra a Nova York temporalmente e volve a [[Kansas City]] para ingresar na banda de [[Jay McShann]] na que seguirá até [[1942]]. É durante esta estancia que grava os seus primeiros temas e comeza a ter o seu estilo característico. Durante unha xira, para en Nova York e xa nunca volverá a Kansas. Participa activamente na creación do [[bebop]] nas [[jam session]]s do Minton's e comeza a súa asociación creativa con [[Dizzy Gillespie]]. O seu estilo era incomprendido polo público e denostadorexeitado pola crítica, pero o jazz é unha música de músicos e todos os intérpretes xoves (sobre todo de saxofón) estaban fascinados por Parker e cando comezaron a aparecer os seus discos estudábanos de tal forma que nuns anos o son de Charlie Parker conquistou o mundo do jazz. Por causa da folga de gravacións convocada polo sindicato de músicos non foi até 1945 que o novo estilo se viu rexistadorexistrado, nunha sesión mítica celebrada o 26 de Novembro en Nova York para a [[Savoy]] e onde se gravou o primeiro himno do novo estilo: [[Now's the Time]]. DaiDaí até 1947 foi unha sucesión de temas revolucionarios qeuque hoxe son clásicos:
Donna Lee, Ko-ko, Yardbird Suite, Ornithology, Cool Blues.
 
Axiña se viu que o extremo modo de vida de Parker: consumo de cantidades inxentes de comida, alcohol e [[heroína]] comezaron a minar a súa saúde, provocándolle un colapso nervioso en 1946 e levándoo a un deterioro creativo. AindaAínda asiasí, a suasúa produción até 1951 é salientábel e só despois comeza un lento declive.
 
==Discografía==