Diferenzas entre revisións de «Trienio liberal»

m
durante
m (durante)
O '''Trienio liberal''' ou '''Trienio Constitucional''' é un período da [[historia de España]], que abrangue entre [[1820]] e [[1823]], nodurante o reinado de [[Fernando VII de España]].<br>
O [[1 de xaneiro]] de [[1820]] tivo lugar, entre as tropas que estaban destinadas para ir loitar contra os movementos emancipadores americanos acampadas en [[Cabezas de San Juan]] ([[Provincia de Sevilla|Sevilla]]), o pronunciamento militar do tenente coronel [[Rafael del Riego]] que proclamou a restauración da [[Constitución de Cádiz]] e o restablecemento das autoridades constitucionais, pero que non tivo éxito ata que se constituiu na [[A Coruña|Coruña]] unha Xunta Superior Provisioria que estendeu a insurrección por toda Galicia e á que axiña se sumaron a maioría das grandes cidades españolas. O [[8 de marzo]] Fernando VII xurou a constitución, pola presión das circunstancias, e o 10 publicou un manifesto acatando a [[monarquía parlamentaria]].<br>
Malia iso [[España]] viviu un longo período de inestabilidade política causada pola escasa consideración do monarca polo réxime constitucional e polos conflitos políticos causados pola rivalidade entre os liberais moderados, coñecidos como doceañistas, e os liberais exaltados, coñecidos como vintenos e que pretendían un réxime con maiores liberdades e que aplicase reformas sociais e que se axuntaban en sociedades patrióticas. Ademais das guerrillas absolutistas. Aínda así o goberno que dirixía [[Francisco Martínez de la Rosa]] aplicou as primeiras grandes reformas liberais que se acordaran nas Cortes de Cádiz, afirmación das liberdades fundamentais, a abolición da [[Inquisición]] e do réxime señorial, o reforzamento do proteccionismo ceralístico.<br>
15.163

edicións