Post-grunge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Nova páxina: {{Xénero_musical | xénero = Post-grunge | orixe musical = Grunge, rock alternativo, hard rock, pop-rock, modern rock | orixe cultural = Principi...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de outubro de 2008 ás 12:37

O post-grunge é un subxénero do rock alternativo que emerxeu a principios dos anos 90 como un derivado da música grunge. Xeralmente, as bandas etiquetadas como tal son bandas moi influídas polo grunge, e a súa música soa incorporar guitarras distorsionadas, letras ceas de angustia, e o dinamismo "alto-baixo" do grunge, pero producido dun xeito máis comercial.

Post-grunge
Orixe musicalGrunge, rock alternativo, hard rock, pop-rock, modern rock
Orixe culturalPrincipios dos 90 en Florida, Ontario, sur de California, Seattle, Georgia
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería

Aínda que hai excepcións, moitos grupos de post-grunge groups non especifican ás bandas de grunge como influencias. Máis ben, soen citar como tales ás bandas que influenciaron o desenvolvimento do grunge mesmo, coma os Melvins e as primeiras bandas de hard rock coma Led Zeppelin e Black Sabbath.

O primeiros álbumes exitosos do post grunge foron Sixteen Stone, da banda británica Bush, e Throwing Copper de Live. Estos traballos contiñan gran cantidade de hits, ao contrario que os álbumos máis recentes de bandas grunge como Nirvana e Pearl Jam, que só contaban con un ou dous hits. Bandas coma Everclear, Collective Soul, Silverchair e Candlebox non tardarían en seguilos.

Polo 1994 o post grunge, xunto co rock alternativo en xeral, adiantara ao grunge como o preincipal formato rock nos Estados Unidos, mentres que en Gran Bretaña, o britpop se fixera masivamente popular. Sen embargo, cara finais da década, cunhas carreiras decepcionantes de moitos artistas post grunge, só un feixe de bandas sobreviviron, entre elas Foo Fighters, a banda de Dave Grohl, ex-baterista de Nirvana, xa que os seus dous primeiros traballos poden considerarse parte da corrente post-grunge.

Hoxe en día hai unha serie de bandas todavía comercialmente florecentes dentro deste xénero, entre elas destacan Nickelback, Three Days Grace, Puddle of Mudd, Seether e 3 Doors Down.