Gustave Aimard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pt:Gustave Aimard
Xas (conversa | contribucións)
imaxe
Liña 1:
[[Image:Aimard.jpg|thumb|Gustave Aimard]]

'''Gustave Aimard''' é o pseudónimo de '''Olivier Groux''' ([[París]] [[1818]] - [[1883]]) novelista [[Francia|francés]]

Abandonado ao nacer polos seus pais, de espírito rebelde non acepta á parella que o adopta e aos nove anos escapa da casa e marcha a [[América do Sur]]. En [[1835]] enrólase na mariña real, deserta en [[1839]] durante unha estadía en [[Chile]], participa nas loitas contra o ditador [[Arxentina|arxentino]] Rosas, trasládase posteriormente a [[Estados Unidos]], onde convive cos cheyenes. De volta a [[Europa]] en [[1847]] viaxa por [[España]], [[Turquía]] e o [[Cáucaso]]. Despois da [[Revolución de 1848]] a súa deserción da Mariña Real quédalle perdoada e pode regresar a Francia. En [[1852]] volta América, pero en [[1854]] regresa definitivamente a Francia e comeza a escribir a partir de [[1856]]. As súas experiencias servíronlle para escribir numerosas [[novelas de oeste]] que se fixeron moi populares en Francia e Estados Unidos, aínda que tamén é autor de novelas marítimas e patrióticas.

En [[1879]], apareceu asinado por Gustave Aimard e Jules Berlioz d’Auriac, ''Jim l’Indien'', seguidas de once novelas máis, estas novelas xa apareran antes co nome só de '''Jules Berlioz d’Auriac''', Aimard limítase a asinar as obras sen participar na súa creación. A situación complícase ao se descubrir que as obras de Jules Berlioz d’Auriac son plaxios de obras de escritores norteamericanos poucos coñecidos, en concreto ''Jim l’Indien'' ''Jim l’Indien'' é unha tradución da obra de [[Edward Stewart Ellis]], ''Indian Jim. A Tale of the Minnesota Massacre''.

As súas obras están cheas de repeticións, con diálogos pouco elaborados e temáticas e personaxes repetitivas, malia iso foron un paso impartante no desenvolvemento da [[novela de aventuras]] en Europa

==Obras==

*''Les Trappeurs de l'Arkansas'', 1858

*''Le cherceur de pistes'', 1858

Liña 14:
*''Par mer et par terre'', 1879

*''Les bandits de l'Arizona'', 1882

{{DEFAULTSORT:Aimard}}
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]