Cronos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: bs:Kron (Titan)
Elvire (conversa | contribucións)
m ligazóns internas
Liña 1:
'''Cronos''' é un deus da mitoloxía grega correspondente a [[Saturno (deus)|Saturno]] na mitoloxía romana. É representado como un home vello de cabelos brancos e barba longa.
 
Cronos é fillo de [[Urano (mitoloxía)|Urano]] (o máis antigo de todos os deuses) e pai de [[Zeus]], [[Deméter]], [[Hades]], [[Hestia]], [[Poseidón]] e [[Hera]]. Era asociado ao [[tempo]] polos gregos. Cronos representa a pasaxe dos deuses antigos ([[Ciclope|cíclopes]] e [[Titán (mitoloxía)|titáns]]) para os deuses Olímpicos (así chamados por seren aqueles que habitaban o [[monte Olimpo]]), liderados polo seu fillo Zeus.
 
O mito di que a esposa de Urano era [[Gaia (mitoloxia)|Gaia]] (deusa da Terra) e que cada vez que Gaia tiña un fillo, Urano devolvíao ao ventre de Gaia. Cansada disto, Gaia tramou co seu fillo Cronos. Ela fixo do seu propio seo unha pedra en forma de lámina e deuna a Cronos. Cronos agardou a que Urano, seu pai, dormise e castrouno. Botou os xenitais de Urano no mar, de onde abrollou [[Afrodita]], a deusa do amor.