Diferenzas entre revisións de «Positivismo»

sen resumo de edición
[[Corrente filosófica]] caracterizada por adoptar, en xeral,unha actitude [[ciencia | cientificista]] e [[metafísica | antimetafísica]], confiando plenamente na [[humanidade]] e no seu [[progreso]] [[indefinido]]. Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do coñecemento proporcionado polas ciencias empíricas. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativo sen necesidade de comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomía, física, química e bioloxía). O positivismo enlázase habitualmente cunha [[ontoloxía]] [[materialismo | materialista]].
 
Historicamente a [[filosofía]] positivista xorde no século XIX, sendo os seus máximos expoñentes [[Augusto Comte]] (1798-1857) e [[Ernst Mach]] (1838-1916). O primeiro usou a palabra "posititivismo", tomada do filósofo francés [[Saint-Simon]] (1760-1825), para designar o seu pensamento. Así mesmo, denominou ''estadio positivo'' á etapa do progreso humano na que a ciencia convértese na principal forza social, superando períodos anteriores de caractercarácter metafísico e [[Relixión| relixioso]] nos que dominaban as supersticións e as crenzas infundadas.
 
Curiosamente, nos últimos escritos da súa vida, Comte deriva cara posturas sentimentalistas e irracionais elaborando unha Relixión da Humanidade, na que se rendería culto ós grandes homes de ciencia, así como a toda unha serie disparatada de personalidades moi variadas, entre as que incluso atópanse amigos persoais seus. Esta relixión positiva gozou dalgunha implantación social en cidades como Londres, París e Río de Xaneiro.
 
De todas formas, a deriva relixiosa do positivismo non foi secundada por autores posteriores, por exemplo Mach, que se mantivo dentro dos marxes dun cientificismo extremo. Baixo a influencia deste último e a do austríaco [[Ludwig Wittgenstein]] (1889-1951), o positivismo cientificista transformase no século XX dando lugar ó '''[[Neopositivismo]]'''. O manifesto fundacional deste publicouse en 1929 co nome de '''''Wissenschaftliche Weltauffassung: Der Wiener Kreis''''' (''Concepción científica do mundo: Círculo de Viena''). Este caracterizase por presentar un enfoque da metodoloxiametodoloxía científica elaborado de forma precisa por medio da [[lóxica]] formal, así como por intentar reducir toda investigación científica ó método e linguaxe da [[física]] (''fisicalismo''). A través deste programa filosófico e científico o Neopositivismo contribuíu a impulsar notablemente a [[Filosofía da Ciencia]] durante o século XX.
 
En '''[[Dereito]]''', denomínase [[positivismo xurídico]] á ciencia xurídica que só admite a existencia de ''leis positivas''. Consisten unicamente en convencións humanas excluíndo que haxa outras leis de maior rango, ben de carácter natural ou ben de carácter teolóxico.
2.309

edicións