Linguas eslavas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Slavyske talen
Liña 47:
[[Imaxe:Bascanska_ploca.jpg|thumb|right|300px|Táboa de Baška, século XI, Krk, Croacia]]
 
Con esa influencia do eslavo eclesiástico, a literatura eslava gozou de independencia lingüística. Só a tradición literaria croata ten tanta antiguedade como o eslavo eclesiástico. Comezou co [[Codex Vinodol]] e continuou no Renacemento ata que o croata se codificou en [[1850]], aínda que boa parte da literatura entre 1300 e 1500 se escribiu nunha mestura de vernáculo e eslavo eclesiástico semellante ao empregado en Rusia e noutras partes. O monumento antigo máis importante da escrita croata é a [[táboa de Baška]], de finais do [[século XI]]. É unha lousa de pedra atopada na pequena igrexa de Santa Lucía na illa croata de [[Krk]]; contén texto escrito en čakavian, hoxe en día un dialecto do croata e en escrita [[glagolítico|glagolítica]] croata. A independencia de [[Dubrovnik]] facilitou a continuidade da tradición. As linguas dos eslavos católicos rozaron a extinción en numerosas ocasións. O texto máis antigo en polaco é do [[século XIV]]; con anterioridade, a lingua da administración era o [[latín]]. O checo estivo sempre en perigo de ceder diante do [[lingua alemá|alemán]], e o [[sorabo]], falado actualmente só na [[Alemaña]], falado por variavarios miles de persoas na actualidade. O esloveno, baixo influencia alemá e italiana, limitábase a ser unha lingua rexional falada polos campesinos e só se escribiu coa [[Reforma Protestante]] do século XVI.
 
As influencias estranxeiras máis recentes seguen a mesma tónica xeral nas linguas eslavas que no resto e dependen das relacións políticas dos eslavos. No século XVII, o ruso burgués (delovoi jazyk) absorbeu palabras do alemán através de contactos directso entre os rusos e comunidades de alemáns asentados na Rusia. Na época de [[Pedro o Grande]], os contactos frecuentes coa Francia introduciron numerosos [[empréstimo]]s e [[calco]]s, moitos dos cales substituíron empréstimos eslavos máis antigos. O ruso, pola súa volta, influenciou a maioría das linguas eslavas durante o século XIX. Os escritores croatas tomaron palabras checas libremente, mentres que os checos, loitando pola supervivencia da súa lingua, tomaron moitas do ruso. A influencia do ruso sobre o búlgaro é moito máis notoria, xa que este tomou moitas palabras rusas para substituir os empréstimos do [[lingua turca|turco]] e do [[lingua grega|grego]], de tal maneira que moitas palabras búlgaras manteñen unha estrutur fonética infrecuente no búlgaro ou mesmo nas linguas eslavas meridionais.