Diferenzas entre revisións de «Ledesma, Boqueixón»

Lp Ledesma e arranxos
(+ligazón a Commons)
(Lp Ledesma e arranxos)
'''San Salvador de Ledesma''' é unha parroquia do municipio de [[Boqueixón]].
 
 
{{Lp Ledesma}}
 
É un lugar de especial encanto pola presenza dun [[río Ulla]] que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).
 
A '''ponte medieval''' (máis que romana) que lle dá nome á vilasvila está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do [[2001]] mediante uns [[bolardo]]s de pedra.
 
Existe unha discusión permanente sobre a propiedade administrativa das ínsuas: uns veciños din que son de [[Gres, Vila de Cruces|Gres]], na [[provincia de Pontevedra]], mentres que outros reclámana para Ponteledesma, [[Provincia da Coruña|da Coruña]]. O único claro é que as dúas vilas forman unha continuidade habitada onde o único criterio para distinguir partes nela é o da división do río, tan artificiosa coma relativa, pois os veciños das dúas bandas do río se relacionan sen máis problemas.
 
==[[Illas de Gres]]==
No río hai catro ínsuas. Ademais das pontes (unha moderna e outra medieval ou romana) que cruzan o río pasadas As Ínsuas, tamén se pode cambiar de banda do río a través das propias ínsuas. Dende a banda sur, onde está un dos bares máis frecuentados pola mocidade local, pódese chegar á ínsua máis grande, onde ademais está o campo da festa. A superficie desta ínsua está limpa de mato, agás nas beiras do río, onde se permitiron medrar as árbores e herba grosa. Ademais das instalacións montadas para as festas locais, esta ínsua conta cun palco permanente de cemento e tamén dunha escultura en honor do escritor [[Xosé Neira Vilas]], natural de [[Gres]]. Río arriba están as outras insuíñas, ás que se pode acceder dende esta primeira, sendo a última a chamada "Ínsua dos namorados" (por evidentes razóns), así coma tamén á outra banda do río grazas a uns pasais no medio da auga. Estas insuelas forman parte da cultura recreativa da poboación de Ponteledesma e de Gres, pois aí xúntanse os mozos e mozas para se bañaren en verán.
 
Existe unha discusión permanente sobre a propiedade administrativa das ínsuas: uns veciños din que son de [[Gres, Vila de Cruces|Gres]], na [[provincia de Pontevedra]], mentres que outros reclámana para Ponteledesma, [[Provincia da Coruña|da Coruña]]. O único claro é que as dúas vilas forman unha continuidade habitada onde o único criterio para distinguir partes nela é o da división do río, tan artificiosa coma relativa, pois os veciños das dúas bandas do río se relacionan sen máis problemas.
 
==Galería de Imaxes==
</gallery>
 
===Parroquias de Boqueixón===
{{Boqueixón}}
 
==Véxase tamén==
{{Véxase}}
 
 
 
 
 
{{Galicia en progreso}}
 
[[Categoría:Boqueixón]]
100.509

edicións