A Veiga do Seixo, Castrelo de Cima, Riós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
'''A Veiga do Seixo''' é un lugar da parroquia de [[Castrelo de Cima, Riós|Castrelo de Cima]], no concello de [[Riós]]. Nela celebrábase antigamente un entroido tradicional, cunha máscara chamada [[vellarrón]]. Limita directamente con [[Portugal]] a través dunha ponte que atravesa o [[río Mente]], en onde actualmente se construíu unha zona recreativa de baño. O lugar foi utilizado tradicionalmente para o comercio ilegal e o [[contrabando]].
 
== División administrativa ==
A Veiga do Seixo pertence á parroquia de Castrelo de Cima coas aldea sde Covelas, As Lapedas (desaparecidas), o Mourisco e San Paio. A Veiga do Seixo limita directamente coa fronteira portuguesa.
 
== Xeografía física ==
A parroquia e o conxunto do concello do Riós posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e abranga algunhas especies de flora: flora: [[Aciñeira]] (Quercus ilex ssp. rotundifolia), [[Escornacabras]] (Pistacia terebinthus), [[Arce de Montpelier]] (Acer monspessulanum) e fauna: [[Abelleiro]] (Merops apiaster), [[Andoriña dáurica]] (Hirundo daurica), [[Carraca]] (Coracias garrulus), [[Salmantesa común]] (Tarentola mauritanica), especialmente raras en Galicia.
 
 
O río [[Río Mente|Mente]] ó seu paso pola Veiga do Seixo actúa como fronteira natural entre España e Portugal.
 
== Demografía ==
A evolución demográfica da aldea da Veiga do Seixo está marcada polo brusco descenso da poboación que se produciu na década dos anos 1950, 1960 e 1970, similar á que se produciu neste período na maior parte dos pobos de España, cunha emigración masiva cara as medianas e grandes cidades, principalmente cara [[Cataluña]], [[Madrid]], o [[País Vasco]], e en menor medida cara outros destinos no estranxeiro como [[Suiza]]. Actualmente existe un altísimo resgo de despoboación nesta pequena aldea, onde a poboación atópase moi envellecida, cun moi baixo índice de natalidade e moi poucas posibilidades de traballo.
 
== Folclore ==
As festas parroquiais celebránse en torno ós días 26 e 27 de Xullo en honor de Santa Ana, patrona da parroquia.
 
No pobo existía un entroido tradicional con máscaras e traxes típicos ("[[vellarrón]]s"), aínda que desapareceron fai décadas. Actualmente o concello do Riós patrocina a recuperación destas vestimentas no marco dos carnavales da [[comarca de Verín]].
 
Estos traxes de entroido levan unha carauta de cartón duro, onde resalta un afiado nariz con bigote e barba feitos de lá de ovella de cor moura; espesas cellas; unha branca dentadura e unhas grandes orellas de papel. O traxe consta dunha camisa de algodón con lazos de once cores e uns calzóns con frecos coloreados. Os complemento son pano branco, faixa, botas, pololos e un pao.
 
Este traxe tamén se utilizaba na veciña aldea de Castrelo de Cima. A diferencia principal entre o traxe de Castrelo e o da Veiga consistía en que no primeiro utilizabánse tiras de tela e no segundo tiras de papel.
 
== Ocio ==
Aínda que é una aldea moi pequena, A Veiga do Seixo conta con dúas cantinas, coñecidas como a cantina do Paco e a cantina do Souto, onde se poden atopar todo tipo de artigos: comestibles, roupa, xoguetes, etc.
 
No verán, coa chegada do bó tempo, ábrese un establecemento de bebidas xunto da pisciña fluvial do pobo, construida cun represamento do río Mente.
 
[[Categoría:Riós|Veiga do Seixo, Castrelo de Cima, Riós, A]]