Ángel Barja: Diferenzas entre revisións

compositor español
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
creo pax
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2008 ás 17:54

Ángel Barja Iglesias (Santa Cruz de Terroso - Vilardevós, 5 de outubro de 1938 - León, 12 de febreiro de 1987) foi un compositor galego.

Biografía

Estuda o bacharelato en El Espino de Burgos e despois filosofía, psicoloxía e teoloxía en Valladolid, coa intención de facerse eclesiástico, proxecto que abandonou para dedicarse á música (actividade que xa comezara aos 16 anos compoñendo pezas de música coral). Formouse nas diversas facetas da arte musical e en 1954 comenzan as súas actividades como compositor. Para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos viaxou por Italia (onde mantivo contactos con Petrassi, Porena, Bertolucci e o movemento de vangarda Nuova Consonanta), Suiza e Austria. En 1972 instálase en León para ocuparse da ensinanza no conservatorio e da dirección do coro Capela clásica.

As súas composicións abarcan todos os xéneros musicais e moi diversificadas linguaxes.

Premios

  • Premio Nacional de Composición, 1972.
  • Premio Nacional de Composición, 1984.
  • Premio Internacional da Real Academia de Belas Artes de Garanada 1985.

Véxase tamén

Ligazóns externas