Johann Gottlieb Fichte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
→‎Biografía: Abandoar->Abandonar
Liña 7:
Johann Gottlieb Fichte naceu en Rammenau en 1762 nunha familia moi pobre de orixe campesiña. Durante os anos de mocidade coñeceu unha auténtica miseria, e para axudar á súa familia traballou como gardián de ocas. Sen embargo, a miseria serviulle de elevada escola moral, e nunca se avergoñou das súas orixes, mostrándose en distintas ocasións moi orgulloso delas.
 
Grazas ao barón von Militz, cidadán nobre e rico, Fichte puido iniciar os seus estudos. O aristócrata ficou marabillado ao ouvir que o rapaz repetía á perfección un sermón ao cal von Militz non puidera asistir, e comprendeu que se atopaba ante unha excepcional intelixencia, co que se dedicou a axudarlle. Despois de cursar o segundo ensino en [[Pforta,]] en 1780 Fichte matriculouse na facultade de teoloxía de [[Jena]] e desde aquí pasou a [[Leipzig]]. Foron anos moi duros, porque a axuda de von Militz era escasa e mais adiante desapareceu por completo. Fichte gañou a vida dando clases particulares e levando a cabo o humillante oficio de preceptor. Entre 1788 e 1790 foi preceptor en [[Zürich]], onde coñeceu a Juana Rahn, quen máis adiante se converterá na súa esposa.
Entre 1788 e 1790 foi preceptor en [[Zürich]], onde coñeceu a Juana Rahn, quen máis adiante se converterá na súa esposa.
 
O ano decisivo para a súa vida foi 1790. Ata aquela data Fichte fora vagamente spinozista e determinista. Non só lle interesara [[Spinoza]] se non tamén [[Montesquieu]] e as ideas da [[revolución francesa]]. A [[Kant]] só lle coñecía o nome. Non obstante, un alumno pediulle que lle ensinase a filosofía de Kant e Fichte viuse obrigado a ler as obras do filósofo de Kónigsberg, que constituíron para el unha auténtica revelación. A ''Crítica da Razón práctica'' abriulle os insospeitados horizontes da liberdade, suxeriulle un novo sentido da vida e fíxolle abandoarabandonar o pesimismo que o dominara. Fichte descubriu en Kant a clave da súa propia vocación e do seu propio destino. Aínda que carecía de medios materiais e apenas gañaba o imprescindible para vivir, escribiu que aquela descuberta o enriquecera interiormente até tal punto que agora se sentía "un dos homes mais felices do mundo".
 
Fichte comprendeu tan ben o pensamento de Kant que, ao ano seguinte, despois de pasar unha tempada en [[Varsovia]] (onde fora para traballar como preceptor), estivo en condicións de escribir unha obra titulada ''Ensaio dunha crítica de toda revelación'', na que aplicaba á perfección os principios do criticismo e que presentou ao mesmo Kant en Kónigsberg. Este escrito foi o comezo do éxito para Fichte. A solicitude de Kant, o editor Hartung publicouno en 1792, pero sen imprimir o nome do autor, polo que foi considerado como unha nova obra de Kant. Cando este interveu para revelar a verdade e o nome do autor, Fichte atinxiu a celebridade e en 1794 foi chamado -por indicación de Goethe- a dar clases na universidade de Jena (como sucesor de [[Reinhold]]), onde permaneceu ata 1799. Estes foron anos dourados, anos de éxito e popularidade. A eles pertencen as obras de maior resonancia, entre as que colle lembrar os Fundamentos da doutrina da ciencia (1794), os Discursos sobre a misión do docto (1794), os Fundamentos do dereito natural (1796) e o Sistema da doutrina moral (1798).