Tzipi Livni: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 25:
===Inicios===
 
Desde que conseguiu o seu [[escano]] na [[Knesset]] polo [[Likud]] no ano [[2001]], desempeñou diversas carteiras ministeriais, como a [[Agricultura]], a de Cooperación Rexional e a de [[Inmigración]]. Desde o [[10 de xaneiro]] de [[2005]] ocupou o cargo de Ministra de [[Xustiza]]. Moi valorada tanto pola [[esquerda]] como pola [[Dereita Política|dereita]] [[Israel|israelí]], Livni recibiu o [[premio]] "Goberno de Calidade" do ano [[2004]] <ref>[http://www.ynet.co.il/english/articles/0,7340,L-3525610,00.html Biografía en Ynet]</ref>, galardón que se outorga á figura máis destacada no seu exercicio.
 
Livni apoiou sen fisuras o [[plan de retirada unilateral israelí]] da [[faixa de Gaza]], unha iniciativa proposta e aplicada por [[Ariel Sharon]], e estaba xa daquela considerada coma unha das principais lideres centristas do [[Likud]]. A miúdo tivo que mediar entre os elementos máis extremos dentro do seu propio partido, e gañou grande [[popularidade]] por mor dos seus esforzos por conseguir que a [[Knesset]] aprobase a retirada de Gaza. O [[12 de novembro]] de [[2005]] foi a primeira política da dereita israelí que participou na conmemoración oficial do décimo [[aniversario]] do [[asasinato]] de [[Isaac Rabin]] <ref>[http://www.elporvenir.com.mx/notas.asp?nota_id=38136 ''Rinden miles homenaje a Isaac Rabin'']</ref>.