Segunda lei da termodinámica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
Imaxine un automóbil a 50 km/h. Subitamente é freado. Toda a súa enerxía cinética será eventualmente transformada en enerxía interna das pastillas de freo (e outras fontes de [[atrito]]) que quecerán. Finalmente, unha certa cantidade de calor será transferida ao medio ambiente. Entretanto, se eu ceder esta mesma cantidade de calor ao automóbil (ou ao freo), non botará a andar. A enerxía mecánica é máis ''nobre'' que o calor.
 
[[Image:Carnot heat engine 2.svg|thumb|center|Máquina térmica]]
 
'''Para transformar calor en enerxía cinética''', é preciso unha máquina térmica e esta non é 100% eficiente; '''sempre ten que haber un fluxo de calor dun foco quente a un foco frío''' para que algún calor se convirta en traballo, ademais a porcentaxe mínima que ese calor representa depende das temperaturas dos focos, isto é, '''a eficiencia máxima dunha máquina térmica depende das temperaturas dos focos de calor entre os que traballa.''' É por isto que se fala de '''degradación do calor''' cando este pasa a un corpo de temperatura inferior.