Diferenzas entre revisións de «Conversa Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Imaxe:Ayuntamiento de Santiago de Compostela.jpg»

sen resumo de edición
::Ese, inda que é unha cuestión menor ó meu parecer, é xusto poñelo. Creo que ademais podería ser conveniente ter, coma en Commons, o costume de avisar ós fotógrafos no caso de que a súa imaxe sexa aprobada. Agora ben, cando a imaxe sexa de [http://www.flickr.com/creativecommons/ Flickr], creo que se debería avisar sobre todo ó fotógrafo de Flickr, acto este que podería servir para espallar a Galipedia. Persoalmente e se non hai inconveniente, xa que teño conta en Flickr (como usuario Lmbuga), procurarei facelo. Quizais non sexa preciso normativizalo, pois podería converterse nunha carga máis para os administradores, e creo que con isto das imaxes da semana xa son abondas as cargas.
::Polo demais prefiro non facer máis reflexións ca esta: Se non acepta ou explica o erro cometido ó non dialogar primeiro co usuario que colocou unha información incompleta (aseguro que non o fixen tendenciosamente), atenta contra a presunción de boa fe nos actos dos demais--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 14:47, 22 setembro 2008 (UTC)
 
:::Obviando o testamento apócrifo anterior de Prevert, só comentar que a minha intención non foi a de mudar as verbas de Lmbuga. Trátase dunha proposta feita por el como imaxe da semana, tipo de propostas que teñen un formato predeterminado. Por despiste non estaban incluidos os datos correctamente e semellaba que un bot, o "flickruploadbot", podía subir imaxes con personalidade propia. Non considerei de mala educación correxir o erro, do mesmo xeito que fai tempo non consideraba mala educacion nin falta de respeto correxir unha efeméride, proposta, ou calquera outra cousa sen dialogar previamente con cada un dos editores anteriores, nin que a min se me correxise. Ademais o contido da modificación creo que non troca ningún sentido nin deba implicar mala fe de ningún tipo. Creo, ademais que incluso debería ser o nome do autor orixinario de flickr o que debería constar na proposta. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 12:29, 23 setembro 2008 (UTC)
11.584

edicións