Diferenzas entre revisións de «Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
'''Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista''' (''EHAK''), (''Partido Comunista das Terras Vascas'' en galego) é un partido político [[País VascoEspaña|vascoespañol]] ilegalizado cuxo ámbito de actuación é o [[País Vasco]], de ideoloxía [[marxista-leninista]], [[nacionalismo vasco|nacionalista vasca]] e [[independencia|independentista]]. Defenden a [[ditadura do proletariado]] nos seus estatutos e nos seus primeiros mitins electorais proliferaban as bandeiras da [[Unión Soviética]]. Obtivo representación parlamentaria nas eleccións ao [[Parlamento Vasco]] do [[17 de abril]] de [[2005]], prometendo asumir os principios da lista ilegalizada [[Aukera Guztiak]] a pesar das duras críticas do [[Partido Popular|PP]] e outros sectores que a relacionaba co grupo armado [[Euskadi Ta Askatasuna]] (ETA) pola mesma razón.
 
EHAK foi inscrita como partido no rexistro do [[Ministerio do Interior]] sendo o seu titular [[Ángel Acebes]] a mediados de [[setembro de 2002]], un mes despois da suspensión de actividades de [[Batasuna]], da clausura das súas sedes e da entrada en vigor da actual [[Lei de Partidos]]. EHAK foi unha das correntes que converxeron no proceso "[[Batasuna]]" entre 2001 e 2002, que se desmembrou antes das votacións para a constitución de Batasuna como partido político, dado que antes era unha coalición electoral. EHAK, como [[Aralar]], decidiu constituírse como forza política independente. Do conxunto de agrupacións políticas que debateron os relatorios do proceso ''batasuna'', EHAK era o máis radical nos seus postulados [[marxista]]s-[[leninista]]s e o menos ''abertzale''.
Usuario anónimo