Diferenzas entre revisións de «Conversa Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Imaxe:Ayuntamiento de Santiago de Compostela.jpg»

sen resumo de edición
m (sobre modificar textos asinados por outros colaboradores)
:Podería pensarse que é unha edición intrascendente, que non paga a pena desfacela, nin sequera compensa adicar tempo ao tema, pola contra en circunstancias coma esta cómpre que quede claro que as devanditas edicións non son aceptables. Non é a primeira vez que Lansbricae modifica as mensaxes doutros usuarios, coñece perfectamente que dito proceder constitúe unha manipulación, ningún de nós podemos atribuír á persoa que asina algo que non dixo, algo que non sexa da súa autoría (menos Lansbricae se pode converter en intérprete do que se deba ou non se deba dicir nas intervencións asinadas por outros colaboradores).<br /><br />
:Desde o punto de vista práctico non se entende unha mudanza do tipo que fai Lanbriscae: unha mudanza que consiste en engadir o seu nome na mensaxe doutro, un tipo de edición que mesmo podería interpretarse como egocentrismo ou vangloria. O feito de que por dúas veces se repetira a edición manipuladora reafirma que o que se está facendo é incorrecto. Se tanto interese, necesidade ou se resulta esencial na opinión de Lansbricae que apareza ese dato, no canto de editar a proposta debe dirixirse ao autor expoñendolle ás súas obxeccións. Insistir unha e outra vez na mesma teima semella fóra de lugar. Procedo a desfacela por segunda vez. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 12:04, 19 setembro 2008 (UTC)
 
::Inda que Lansbricae non se puxo en contacto comigo nin antes de variar un texto escrito e asinado por min, nin despois das anteriores palabras, procedo a introducir un dato que no seu momento non vira na imaxe, inda que o procurei, pero non esperaba que estivese nunha etiqueta á cal nin mirei en parte por présa.
::Ese, inda que é unha cuestión menor ó meu parecer, é xusto poñelo. Creo que ademais podería ser conveniente ter, coma en Commons, o costume de avisar ós fotógrafos no caso de que a súa imaxe sexa aprobada. Agora ben, cando a imaxe sexa de [http://www.flickr.com/creativecommons/ Flickr], creo que se debería avisar sobre todo ó fotógrafo de Flickr, acto este que podería servir para espallar a Galipedia. Persoalmente e se non hai inconveniente, xa que teño conta en Flickr (como usuario Lmbuga), procurarei facelo. Quizais non sexa preciso normativizalo, pois podería converterse nunha carga máis para os administradores, e creo que con isto das imaxes da semana xa son abondas as cargas.
::Polo demais prefiro non facer máis reflexións ca esta: Se non acepta ou explica o erro cometido ó non dialogar primeiro co usuario que colocou unha información incompleta (aseguro que non o fixen tendenciosamente), atenta contra a presunción de boa fe nos actos dos demais--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 14:47, 22 setembro 2008 (UTC)
40.228

edicións