Gilbert Keith Chesterton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
interwiki
lig int
Liña 11:
Durante esta época interesouse polo [[ocultismo]]. Na súa ''Autobiografía'' sinala que dentro do grupo dos que realizaban [[espiritismo]], [[ocultismo]] ou ?xogos co demo?, el era o único dos presentes que realmente cría no demo. Retirouse da [[universidade]] sen alcanzar un título, e comezou a traballar en diferentes xornais, onde traballou como editor de literatura [[Espiritismo|espiritista]] e [[teosofía]].
 
As colaboracións cos xornais fixérono rapidamente famoso. Opúxose á [[guerra dos Bóers]] de [[1889]], pola súa ideoloxía [[antiimperialismo|antiimperialista]], pero deostaba o [[pacifisimopacifismo]], e apoiou a participación [[Reino Unido|británica]] na [[I Guerra Mundial]] ([[1914-1918]]). Porén, non participou en ningunha das dúas: medía 1'93 centímetros e pesaba ao redor de 134 quilos.
 
Asociado primeiro aos [[Partido Liberal|liberais]] británicos, comezou a escribir en The Speaker e a gañar sona como autor de ensaio e de novelas, como coa novela ''O Napoleón de Notting Hill'' ([[1904]]), ou con ''Heretics'', un ensaio de [[1905]] onde se dedica á crítica literaria de [[Lev Tolstoi]] ou [[Bernard Shaw]]. Continuou as súas simpatías liberais escribindo no ''[[Daily News]]'', pero a partir de [[1910]], grazas á súa amizade co escritor anglofrancés Hilaire Belloc, deu unha fonda viraxe relixiosa e ideolóxica. Dende o punto de vista relixioso, Chesterton, que na súa mocidade virara [[Agnosticismo|agnóstico]] e que a raíz de que en [[1901]] contraera matrimonio con Frances Blogg, [[Anglicanismo|anglicana]] practicante, se achegara de novo ao [[cristianismo]], comezou a achegarse ao [[catolicismo]]. Con todo, non se convertería, logo dun amplo tempo de reflexión, ata [[1922]].