Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista''' (''EHAK''), (''Partido Comunista das Terras Vascas'' en galego) é un partido político [[País Vasco|vasco]] ilegalizado cuxo ámbito de actuación é o [[País Vasco]], de ideoloxía [[marxista-leninista]], [[nacionalismo vasco|nacionalista vasca]] e [[independencia|independentista]]. Defenden a [[ditadura do proletariado]] nos seus estatutos e nos seus primeiros mitins electorais proliferaban as bandeiras da [[Unión Soviética]]. Obtivo representación parlamentaria nas eleccións ao [[Parlamento Vasco]] do [[17 de abril]] de [[2005]], prometendo asumir os principios da lista ilegalizada [[Aukera Guztiak]] a pesar das duras críticas do [[Partido Popular|PP]] e outros sectores que a relacionaba co grupo armado [[Euskadi Ta Askatasuna]] (ETA) pola mesma razón.
 
EHAK foi inscrita como partido no rexistro do [[Ministerio do Interior]] sendo o seu titular [[Ángel Acebes]] a mediados de [[setembro de 2002]], un mes despois da suspensión de actividades de [[Batasuna]], da clausura das súas sedes e da entrada en vigor da actual [[Lei de Partidos]]. EHAK foi unha das correntes que converxeron no proceso "[[Batasuna]]" entre 2001 e 2002, que se desmembrou antes das votacións para a constitución de Batasuna como partido político, dado que antes era unha coalición electoral. EHAK, como [[Aralar]], decidiu constituírse como forza política independente. Do conxunto de agrupacións políticas que debateron os relatorios do proceso ''batasuna'', EHAK era o máis radical nos seus postulados [[marxista]]s-[[leninista]]s e o menos ''abertzale''.
Liña 8:
 
Finalmente, o PCTV-EHAK presentouse ás eleccións de 2005. [[Nekane Erauskin]], cabeza de lista por [[Guipúzcoa]], foi a portavoz durante a campaña. Actualmente forman grupo 8 mulleres e 1 home. Nesas eleccións obtivo '''150.188 votos''' (12,44%) e nove escanos, sendo expoñente xunto con [[Aralar]], da recuperación electoral da esquerda ''abertzale'', situándose súmaa de ambas as formacións no 14,77% do total dos votos. O mantemento dos 7 escanos de [[Eusko Alkartasuna]] contribuíu a situar aos partidos de esquerda e ''abertzales'' en 17 de 75, cunha forza comparable á do [[Partido Socialista de Euskadi]].
 
'''O 18 de Setembro de 2008, o partido fué ilegalizado polo Tribunal Supremo.'''
 
==Ligazóns externas==