Riós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vi:Riós
Liña 65:
 
==Xeografía==
[[Imaxe:Rio Mente.jpg|thumb|250px|left|Río Mente]]
 
O termo municipal está nun espazo de transición entre as terras altas situadas ao leste e as do val do [[río Támega]], nas que sobresaen polo sur as alturas da Serra de Penas Libres (Vilardevós) e polo Norte as da Serra Seca (A Gudiña). O seu terreo caracterízase por ter unha superficie ondulada na que se mesturan ou combinan unha sucesión de vales fluviais e lombeiros, cunha altitud medida duns 600-800 m. Lousas e pelitas, con algunha banda de cuarcítica, son os materiais que compoñen o substrato litolóxico. Nos seus lindeiros destacan as maiores alturas que están localizadas na Urdiñeira (1.148 m.) cara ó norte, Castelo da Pena (941 m.) e Alto das Ferrerías (924 m.) no suroeste. Marxeando con Vilardevó e dentro do territorio varias aliñacións de lombas de oeste a este con alturas que non pasan dos mil metros: As Touzas (943 m.), Porto dos Bois (868 m.), Xermil (930 m.) e As Canelas (731 m.).