Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza.jpg|thumb|350px|Río Sil ó seu paso pola provincia de Lugo]]
Os '''Canóns do río Sil''' son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o [[río Sil]], e o [[río Miño]], na zona da [[Ribeira Sacra]]. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores{{Cómpre referencia}}. Esta área natural abrangue os concellos de [[Pantón]], [[Sober]], [[Nogueira de Ramuín]] e [[Parada de Sil]], cunha superficie de 5.914 hectáreas<ref>''Enciclopedia Galega Universal'', versión [http://egu.es/ en liña].</ref>.
 
Ten impresionantes contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos. Todo un espectáculo para a vista. As pedras semellan xigantes, reis, toman formas diversas, que a xente xoga a descubrir no transcurso dos paseos que se poden facer en [[catamarán]], que é a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m nalgúns puntos, e con pendentes de máis de 50°, ás veces case verticais.