Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
outros artigos
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza.jpg|thumb|350px|Río Sil ó seu paso pola provincia de Lugo]]
Os '''Canóns do río Sil''' son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o [[río Sil]], e o [[río Miño]], na zona da [[Ribeira Sacra]]. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores{{Cómpre referencia}}. Esta área natural abrangue os concellos de [[Pantón]], [[Sober]], [[Nogueira de Ramuín]] e [[Parada de Sil]], cunha superficie de 5.914 hectáreas<ref>''Enciclopedia Galega Universal'', versión [http://egu.es/en liña].</ref>.
 
Ten impresionantes contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos. Todo un espectáculo para a vista. As pedras semellan xigantes, reis, toman formas diversas, que a xente xoga a descubrir no transcurso dos paseos que se poden facer en [[catamarán]], que é a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m nalgúns puntos, e con pendentes de máis de 50°, ás veces case verticais.
Liña 28:
 
O itinerario máis completo (22 km.) é o que une pola ribeira esquerda do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con [[Astorga]] e foi durante a [[Idade Media]] a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo [[catamarán]]. Este percorrido pasa por excelentes miradores naturais sobre o maxestuoso Canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o [[mosteiro de Santa Cristina]].
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==