Diferenzas entre revisións de «Soutelo, Goián, Tomiño»

sen resumo de edición
Ó norte deste lugar está o citado barrio do Espiritusanto, onde se sitúa a anterga casa da familia Vaqueiro Pomares. A carón dela está a capela adicada ó Espíritu Santo, representado por unha pomba. Nela celébrase o primeiro domingo de maio unha romaría na que vai moita xente xantar de campo despois da misa.
 
Desa família era o médico Severiano Vaquero, con praza na parroquia de [[Forcadela, Tomiño|Forcadela]], e inspector municipal de sanidade, e o seu irmán Carlos, enxeñeiro de camiños, nados antes de 1850. Este señor era coñecido polos alcumes do "Señorito" ou "Americano" cando no seculo XIX saiu a subasta polo estado o forte de San Lourenzo foille adxudicado por ser o mellor postor, e o enfermar renunciou a súa propiedade saíndo outra vez a subasta no ano seguinte, ó lado quedouse cunha propiedade chamada o "Americano" e no Miño o norte da atalaia existe unha illa chamada "Americana ou illa do Vaqueiro) tamen da súa propiedade, así coma outra a monte na parroquia de Figueiró coñecida pola tomada do "Señorito". Estes topónimos existen hoxe en día.
 
Posiblemente o nome deriva de "Souto pequeno", pero nalgúns documentos e mapas do lugar aparece co nome de Lordelo. En dito souto tivo o seu asentamento un castro do que aínda quedan restos, e ó seu redor formouse o barrio.
Usuario anónimo