Soutelo, Goián, Tomiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
recupero ligazóns internas
Liña 1:
'''Soutelo''' é un barrio da parroquia de [[Goián, Tomiño|Goián]], no concello de [[Tomiño]]. Pertenceu á extinta parroquia de Tollo, anexionada en 1760.
 
Linda ó norte coa parroquia de [[Figueiró, Tomiño|Figueiró]], ó sur con [[Tollo, (Goián), Tomiño|Tollo]] e [[A Gándara, (Goián), Tomiño|A Gándara]], ó leste coa [[A Centinela, (Goián), Tomiño|Centinela]], e ó oeste coa [[Serraserra de Argallo]] e polo fío dela con [[Loureza, Oia|Loureza]] de [[Oia]].
 
Ó norte deste lugar está o barrio do Espiritusanto, onde se sitúa a anterga casa da familia Vaqueiro Pomares. A carón dela está a capela adicada ó Espíritu Santo, representado por unha pomba. Nela celébrase o primeiro domingo de maio unha romaría na que vai moita xente xantar de campo despois da misa.
(Non sei os motivos polo que o concello de Tomiño, fixo desaoarecer do mapa de Goián este barrio integrándo no de Soutelo).
 
Desa família era o médico Severiano Vaquero, con praza na parroquia de [[Forcadela,( Tomiño)|Forcadela]], e inspector municipal de sanidade, e o seu irman Carlos, enxeñeiro de camiños, nados antes de 1850.
 
Posiblemente o nome deriva de "Souto pequeno", pero nalgúns documentos e mapas do lugar aparece co nome de Lordelo. En dito souto tivo o seu asentamento un castro do que aínda quedan restos, e ó seu redor formouse o barrio.
 
Segundo os vellos do lugar, houbo alí asentada unha comunidade de frailes, tendo as súas dependencias despacho de carne ós veciños. Estes frailes desde unha fonte que había na regueira do Ti Fruitos na serra Argallo fixeron unha canle para levar a auga ata o lugar coñecido como a casa do Cholrro, onde caía dunha calexa de lousa, nunha pequena présa na beira do camiño fronte de dita casa. Esta auga era usada para beber e regaren as súas terras. A canle pasaba por varias propiedades (eidos), e seus donos non tiñan dereito a usala, continuando hoxe en día con tal uso e costume.
 
Preto do lugar hai unha fonte chamada do Frade, indo moita xente buscar auga a ela, pois din que é mediciñal é boa para os [[ril]]es (nun documento do [[mosteiro de Oia]] dise ''que esta auga pesaba menos uns grans de trigo por litro, ca do cholrro''.
 
Por estes dous barrios cruzaba o camiño real que de [[Vigo]] ía cara os fortes de Goián e [[A Guarda]]. Nun documento de aforo de [[1736]], Benito Pereira de Castro, coronel membro do Ábito de Cristo e gobernador de [[Valença do Minho]], dono da casa e vínculo de Lamamá en [[Estás, (Tomiño|Estás]], aforaba a un veciño do barrio a súa propiedade, chamada os Couchiños, tendo que ir pagar a renda antes do San Miguel á súa casa de Estás. Na discripción dos linde di: ''polo vendaval con camiño real''.
 
{{Lp Goián}}