Linguas tocarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 105:
==Sistema de escritura==
 
Existen documentos en tocario na forma de fragmentos de manuscritos, a maioría do [[século VII]] e do [[século VIII]] (con algunhas excepcións anteriores), escritos sobre follas de palmeira, táboas de madeira e papel chinés, preservados grazas ao clima extremadamente seco da Cunca do Tarim. Atopáronse mostras da lingua en [[KuchaCucha]] (''Kucha'') e [[KarasahrCaraxahar]] (''Carashahr''), incluíndo moitas inscricións murais.
 
[[ImageImaxe:Tocharian.JPG|thumb|350px|Placa de madeira con inscricións en tocario. [[Cucha]], [[China]], século V-VIII. [[Museo nacional de Tokio]].]]
Os tocarios A e B non eran mutuamente intelixíbeis. Propiamente falando, baseándose na interpretación de ''twqry'' como relacionado con ''tokharoi'', só ao tocario A lle poderíamos chamar ''Tocario'' mentres que o tocario B debería ser chamado ''cucheano'' (o seu nome nativo podería haber sido ''kuśiññe''), pero posto que as súas gramáticas se adoitan tratar xuntas nos libros especializados, os termos A e B resultan de utilidade. A lingua común, proto-tocario, debeu preceder en varios séculos a estas dúas linguas, sendo probabelmente do primeiro milenio antes de Cristo.