Setembro Negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 3:
O nome "Setembro Negro" provén dos acontecementos que enfrontaron a combatentes palestinos co exército [[Xordania|xordano]] en setembro de [[1970]] (''véxase [[Setembro Negro (historia)]]''). A primeira acción do grupo foi o asasinato do Primeiro Ministro de Xordania, [[Wasfi Tall]], o [[28 de novembro]] de [[1971]]. Wasfi Tall foi clave para a expulsión dos combatentes palestinos de Xordania en 1970-1971.
 
O seu acto máis coñecido foi o [[Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic|Masacre de Múnic]], nome que se lle deu ao secuestro e asasinato de once atletas [[israel]]itas durante os [[Xogos Olímpicos de 1972]]. No acto ademais perderon a vida cinco membros de Setembro Negro e un policía alemán.
 
Outros actos atribuídos a Setembro Negro son o intento de asasinato contra o embaixador xordano en [[Londres]] (decembro de [[1971]]), o sabotaxe dunha instalación eléctrica [[Alemaña Occidental|alemá occidental]] e dunha planta de gas [[Países Baixos|holandesa]] (febreiro de [[1972]]), o secuestro dun avión comercial belga que voaba desde [[Viena]] a [[Tel Aviv]] (maio de [[1972]]) e o atentado contra a embaixada [[Arabia Saudita|saudita]] en [[Sudán]], que custou a vida a 3 persoas, entre elas o embaixador dos [[Estados Unidos de América]] (marzo de [[1973]]).