Conversa:Pena Trevinca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prevert (conversa | contribucións)
m engadir: {{Sensinatura|89.241.163.243| ás 22:28 do 16 setembro 2007 (UTC)}}; {{Sensinatura|79.145.47.46| ás 23:09 do 30 outubro 2007 (UTC)}}; {{Sensinatura|85.91.81.188| ás 19:05 do 4 setembro 2008
Liña 1:
O artigo de Pena Trevinca di: ''"Se ben Cabeza de Manzaneda é o pico no interior de Galiza con máis altitude."''
 
Se "''pico no interior de Galiza''" significa estar completamente dentro, no '''interior''' do territorio da Comunidade Autónoma Galega (en oposición a Pena Trevinca cuxa aba leste cae no exterior da C.A. de Galiza) en tal caso Cabeza de Manzaneda non é o pico interior de Galiza con máis altitude. O pico interior de Galiza con máis altitude, seguindo o anterior criterio, sería o Maluro (1930m) ou mesmo o Sestil (~1980m) ou A Valigota (~1990m), seguidos de varios altos de máis de 1800m como o Turrieiro (1875m), o Fiol (~1840m), ou o Pedroso (1875m), todos eles de altitude superior a Cabeza de Manzaneda (1775m sobre o Atlántico). {{Sensinatura|89.241.163.243| ás 22:28 do 16 setembro 2007 (UTC)}}
 
== Edicións reiteradas ==
Liña 21:
Con respecto á localización, Pena Tervinca se atopa entre as provincias de León e Zamora (a non ser que haxa algún que considere esas zonas como integrantes da "Gram Galiza"). Ademais cítanse outros picos como pertemcentes a Galicia, e non o son en absoluto, pertencen á Comunidade Autónoma de Castilla e León.
 
Saúdos cordiais {{Sensinatura|79.145.47.46| ás 23:09 do 30 outubro 2007 (UTC)}}
Saúdos cordiais
 
===Fontes===
Liña 38:
Como Maluro ten entrada aparte na GEG e na Enciclopedia Ir Indo, nesta di literalmente: "Maluro. Monte situado no límite das parroquias da Ponte (A Veiga) e Casoio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1925 m de altitude", e algo semellante na GEG. Mais na mesma enciclopedia Ir Indo, s.v. Veiga, A, no subapartado de Xeografía física, indícase que a súa altura é de 1934 m. É dicir, a súa altura pode ser obxecto de discusión, segundo a cota que se colla (como se pode ver nalgún mapa).
Na obra de Enrique Vélez Blanco e Mª Carmen Pereiro, As montañas de Galicia. 15 itinerarios coa súa xeoloxía, flora e fauna, esquemas e mapas. Vigo. Xerais. 1993 (ISBN 84-7507-763-5), pódense tamén consultar mapas. Así na páx. 206 pódese ver un mapa na páx. 206, onde o Maluro figura con 1934 m., e tamén se ve claramente que está totalmente "dentro" de Galicia.
Como nativo da Galicia oriental impórtame ben pouco canto mida o monte máis alto do interior-de-Galicia ou da Galicia-interior, se ese me din que é Cabeza de Manzaneda, para min tamén da Galicia oriental, porque o vexo con frecuencia desde máis a Oriente, en cambio desde Ourense, capital, nin o poden ver; e, desde logo, neste artigo a matización sobra. É como se dixeran: o río galego que máis auga leva é o Miño e non o Sil. O que vin a diario, por anos foi o Sil e non o Miño.-- Bodo, 4 setembro 2008, 21:06 {{Sensinatura|85.91.81.188| ás 19:05 do 4 setembro 2008 (UTC)}}
Volver á páxina "Pena Trevinca".