Soutelo, Goián, Tomiño: Diferenzas entre revisións

lugar da parroquia de Goián, no concello de Tomiño
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Soutelo, era un dos oito barrios que comprendía a parroquia de Santiago de Tollo, antes de integrarse esta na de Goián a finales do século XVIII, lindante polo norte co barrio do Es...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2008 ás 21:48

Soutelo, era un dos oito barrios que comprendía a parroquia de Santiago de Tollo, antes de integrarse esta na de Goián a finales do século XVIII, lindante polo norte co barrio do Espiritusanto tamen de Goián e coa parroquia de Figueiró, polo Sur con Tollo e Gándara, polo Leste con a Centinela el polo poniente con a serra Argallo e polo fío dea con Loureza de Oia. Falando do citado barrio do Espiritusanto, o concello non se sabe porque motivos acordou cesálo como tal e integralo no de Soutelo. Nel esta a anterga casa da familia "Vaqueiro Pomares" e o ñado a capela adicada o Espiritusanto representado por unha pomba, nela celébrase o primeiro domingo de maio unha romaría na que vai muita xente xantar de campo depois d misa. Desa família era o médico D. Severiano Vaquero, con plaza na parroquia de Forcadela e inspector municipal de sanidade, e seu irman D. Carlos Enxeñeiro de camiños, nados antes de 1850. Continuándo co barrio de Soutelo aparece nalguns document e mapas co nome de "Lordelo", pero eu decátome por Soutelo pois este nome deriva de souto pequeno, e nese souto tivo o seu asentamento un castro do que ainda quedan restos, e o seu derredor formouse o barrio, contabame unha irmá de meu abó nada en 1866 é, el en 1877, nados nese barrio que lle oían contar os ses antergos falar dunha comunidade de frailes al asentada, tendo a súas dependencias despacho de carne os veciños, estes frailes dende unha fonte que había na regueira do Ti Fruitos na serra Argallo fixéron un canle pra levar a auga ata o lugar coñecido como a cas do " Cholrro" donde caía dunha calexa de lousa nunha pequena presa ma beira do camiño fronte de dita casa, é era usada pra beber e regaren as súas terras, este canle pasaba por varias proiedades (eidos) e seus donos non tiñan direito a usar a mesma, continuándo hoxe en día con tal uso e costume. Preto do lugar hai unha fonte chamada do "Frade" indo muita xente buscar auga a ela, pois dicen ser mediciñal é boa pros riles (nun documento do mosteiro de Oia que o finado pintor Antonio Fernández copiara, decía: que esta auga pesaba meos uns grans de trigo por litro ca do cholrro.