Conversa:Pena Trevinca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 29:
 
Un saúdo e lamento as molestias ás persoas non familiarizadas coas políticas
--'''[[User:Emilio juanatey|emilio juanatey]]'''<sup>[[User talk:Emilio juanatey|(talk)]]</sup>
11:08, 31 outubro 2007 (UTC)
 
=== O pico maior do interior de Galicia ===
1) Isto non é materia opinábel, 2) A matización dentro do artigo Pena Trevinca semella que tente "rebaixar" a súa galicidade ou galeguidade, 3) A GEG, t. 2, tanto nas versións castelán, primeiro, e, galega, posterior, no artigo Altitude di: "a máxima altitude do interior de Galicia correspóndelle a Cabeza de Mazaneda con 1778 m". Obsérvese que di do interior-de-Galicia, non da Galicia-interior. Quen redactou o artigo non verificou datos. Isto é o que debe facer un administrador. En ambas versións danse listas diferentes de altitudes. Na versión castelán, Cabeza de Manzaneda figuraba no terceiro lugar, despois de Pena Trevinca e a Pena Rubia, ambas superiores (pero ambas dúas lindando con provincias non galegas, sen que se informe expresamente); na versión galega recente, con gráfico, danse 10 picos, nos que non figura Cabeza de Manzaneda (mais tampouco o Maluro).
 
Que a maior altura do interior-de-Galicia (é dicir, altura arrodeada completamente de terra galega, é o Maluro, é moi fácil de comprobar, aínda que algo traballoso para vistas cansadas). O Instituto Geográfico Nacional de España (basta escreber ing no buscador) ten a disposición tódolos mapas de 1:50.000 e 1:25.000 españois. Basta percorrer as lindes de Galicia en Lugo e Ourense. Como eu xa o fixen hai anos, non atopei, completamente dentro de Galicia ningunha altura superior á do Maluro (salvo curvas de nivel que ascendan a montes superiores como Trevinca, Pena Negra, etc). Para aforrar traballos, a vella versión da GEG, da un mapa do concello de A Veiga (buscar Veiga, A, t. 30) onde se se ve con claridade a situación do Maluro, nas lindes dos concelllos de Carballeda de Valdeorras e A Veiga, e enteiramente en territorio galego.
Como Maluro ten entrada aparte na GEG e na Enciclopedia Ir Indo, nesta di literalmente: "Maluro. Monte situado no límite das parroquias da Ponte (A Veiga) e Casoio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1925 m de altitude", e algo semellante na GEG. Mais na mesma enciclopedia Ir Indo, s.v. Veiga, A, no subapartado de Xeografía física, indícase que a súa altura é de 1934 m. É dicir, a súa altura pode ser obxecto de discusión, segundo a cota que se colla (como se pode ver nalgún mapa).
Na obra de Enrique Vélez Blanco e Mª Carmen Pereiro, As montañas de Galicia. 15 itinerarios coa súa xeoloxía, flora e fauna, esquemas e mapas. Vigo. Xerais. 1993 (ISBN 84-7507-763-5), pódense tamén consultar mapas. Así na páx. 206 pódese ver un mapa na páx. 206, onde o Maluro figura con 1934 m., e tamén se ve claramente que está totalmente "dentro" de Galicia.
Como nativo da Galicia oriental impórtame ben pouco canto mida o monte máis alto do interior-de-Galicia ou da Galicia-interior, se ese me din que é Cabeza de Manzaneda, para min tamén da Galicia oriental, porque o vexo con frecuencia desde máis a Oriente, en cambio desde Ourense, capital, nin o poden ver; e, desde logo, neste artigo a matización sobra. É como se dixeran: o río galego que máis auga leva é o Miño e non o Sil. O que vin a diario, por anos foi o Sil e non o Miño.-- Bodo, 4 setembro 2008, 21:06
Volver á páxina "Pena Trevinca".