Gonzalo Fernández de la Mora: Diferenzas entre revisións

político español
Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
político español.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2005 ás 22:45

Gonzalo Fernández de la Mora y Mon (Barcelona 1924 - Madrid 2002) político e ensaísta español.
Cando tiña dous anos a súa familia trasladouse a Madrid e durante un tempo viviu en Galicia (Mondariz, Guitiriz e Vigo), de volta a Madrid estudou filosofía e letras e dereito, e en 1946 entrou na Escola Diplomática e alí entrou en contacto con grupos monárquicos liberais. Membro do Consello Privado de Don Xoán de Borbón dende 1959. Progresivamente foise achegando ao círculo de poder franquista e foi nomeado subsecretario no Ministerio de Asuntos Exteriores e entre 1970 e 1974 foi ministro de obras públicas. Na transición fundou a Unión Nacional Española que foi un dos partidos que formou Alianza Popular que tiña a Fernández de la Mora como vicepresidente. Deputado por Pontevedra nas primeiras eleccións a Cortes (1977). Conselleiro da Xunta preautonómica. En 1977 deixou AP e a dirección da UNE cando deron o seu apoio á Constitución de 1978. En 1979 foi un dos fundadores do Partido Derecha Democrática Española