Foedus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2005 ás 15:16

Foedus

Chamase Foedus ao pacto que estabrecia o Imperio Romano con diversos pobos e con diferentes fins.Normalmente eran de tipo politico e militar dandose axuda mutua a cambio de algunha garantia.

No caso concreto dos vandalos,alanos e suevos, que habian cruzado os pasos pireinaicos no outono do 409 e habianse adicado a depredación sistematica dos territorios, xa o debeletamento do Imperio era tan profundo que deixaba campo aberto a libre actuación dos pobos xérmanicos. Progresaba asi o proceso que os convertiria na forza de facto no marco dos territorios que ocupaban

Parece bastante seguro que o foedus estabelceuse co momentaneo domiñador da situación naquel intre na Hispania, Flavio Constancio e para ambas partes o tratado era o mais convinte.Dende o punto de vista xérmanico porque o bandolerismo non era forma de vida posible a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma a te agora fixeran e continuarian a facer os vandalos. E dende o punto de vista de Flavio Constancio porque garantia a estabilidade,ainda que fora dun xeito provisional,na Hispania e poderia atender os asuntos que reclamaban a sua presenza na Italia e facer fronte a sublevación da Galia que estaba o ocurrir naqueles intres.

Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente a hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigandoos a contrapartida habitual nos foedus, que era a axuda militar o Imperio en caso de guerra. A unica esixencia foi que deixasen libre a provincia Tarraconense, que se debe entender como un intento de alonxar os xérmanicos do Mediterráneo, derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concediaselle aos barbaros o territorio das restante provincias de Hispania.

Por mutuo acordo procederon estes ao reparto, mediante sorteo, de tres lotes equivalentes entre tres grupos de poboación numericamente equilibrados. Os alanos correspondeu a Cartaxinense e a Lusitania, rexión, a mais ampla, pero tamén a mais probe. Os vandalos silingos asentaronse na Bética, territorio mais reducido pero mais rico. Por fin, ao conxunto formado por vandalos asdingos e suevos foilles adxudicada a provincia de Gallaecia.

Suevos e vándalos asdingos repartironse a provincia, que trala reorgaización de Diocleciano, comprendia a actual Galiza até o Douro, e, cara o leste, boa parte da meseta norde. A división faise seguindo os meridianos atuales, correspondendo os vandalos a meseta e terras chairas, mentras que os suevos ocuparon os limites do Mazizo Galaico ate o mar,pero non ocuparon toda a sua extensión, xa que eran un pobo cun numero moi limitado de individuos, e según as fontes, estabreceronse na sua maior parte no Convento Xuridico Bracarense, esto é, centrandose en Braga, as terras que abranguen entre o Miño e o Douro cara o oceano.