Angoares, Ponteareas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Asemade, destacamos a igrexa parroquial de San Pedro do século XII, curiosa pola súa planta de [[cruz latina]], da que salientamos os seus capiteis e a magna colección de canzorros. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita no ano 1900. A actual carece de calquera valor arquitectónico.
 
Por outra banda, pola parroquia de [[Angoares]] pasa o [[río Tea]] e o seu afluente o [[río Uma]]. Neste último, no lugar de Cabalón existe unha ponte medieval xunto á cal mana un manancial que, segundo din, é similar á auga que agroma na vila de [[Mondariz]].
Podemos pasear pola súa ribeira apreciando e admirando a vexetación e fauna típica de bosque de río.