Casco de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''casco de Leiro''' é un casco ou unha cunca de [[ouro]], probablemente da [[Idade do Bronce]] Final, atopado de xeito fortuito por José Vicente Somoza, dentro dunha vasilla de barro, durante unhas obras de construción dun galpón na parroquia de [[Leiro, Rianxo|Leiro]], no concello de [[Rianxo]]. Na actualidade consérvase no [[Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón]], na [[A Coruña|Coruña]].
 
Presenta paralelismos con outros exemplares da [[península Ibérica]], como as cuncas de '''Axtroki''' e '''Villena''', e dode norte detoda Europa.
 
==Descrición==
É de forma esférica e remata nun pequeno tronco de cono de base estreita. O seu diámetro máximo é de 195 mm e unha altura de 150 mm máis os 23 mm do remate. O seu peso é de 270 gramos.
 
A imaxe de pezas similares centroeuropeas poida que fose primeiro unha cunca, usada para algún tipo de ritual, e despois, engadido o remate, usado como ''"casco de parada"'', símbolo da autoridade dentro dunha xerarquía, xa que a delgadez da lámina desbota calquera aplicación defensiva.
O casco realizouse dunha única peza. Primeiro fundiron un calote, e posteriormente mediante o un traballo de batido, foi levantada a lámina de ouro (mediante a técnica chamada ''rising''). O remate superior xa formaba parte desta peza inicial, polo que non se pode considerar que fose engadido posteriormente. Pola parte interior do obxecto pódese observar unha leve depresión efecto do fundido inicial con este remate macizo.