Projecto Mourente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Sen resumo de edición
Liña 12:
'''Projecto Mourente''' é o nome do proxecto musical lanzado por '''Carlos Valcárcel''', músico afeccionado natural de [[Mourente]] ([[Pontevedra]]). En 2001, Valcárcel comeza a elaborar na súa casa cancións de pop electrónico en [[Lingua galega|galego]]. En 2004, colabora coa [[A Factoría Teatro|Factoría Teatro]] compondo a música para a obra infantil ''Iesi cebola contra a doutora Rabia Rabiña'', de [[Xavier Picallo]]. En 2006, lánzase no selo [[A Regueifa Plataforma|A Regueifa]] unha compilación de temas baixo o título ''Baixo os eucaliptos'' e baixo licenza [[Creative Commons]]. Malia a súa precariedade técnica, o álbum logrou certa popularidade, sobre todo con cancións como "Comos os caranguejos" (remesturado por [[Fanny + Alexander]]), "Que me enterrem na discoteca", "Mais heteros (que os heterossexuais)" e o propio "Baixo os eucaliptos". Nese mesmo ano, o proxecto compuxo unha das sintonías do programa radiofónico [[E-music]]. Durante 2007, e a pesar de que ese non era o seu obxectivo inicial, o Projecto Mourente realizou, xa coa incorporación de '''Yolanda Valcárcel''', diversas actuacións ao vivo grazas á colaboración de [[The Homens]]. As colaboracións tamén se estenderon ao dúo compostelán [[Fanny + Alexander]], a quen o Projecto Mourente mesturou dous temas publicados no álbum "Finais dos 70s, comezo dos 80s". No mesmo 2007, o Projecto Mourente participou no disco colectivo de artistas galegos ''[[Manifesto Dobarrista]]'' cunha versión de "Corpiño Xeitoso".
 
En maio de 2008, lanza ''Kara.o.ke'', o segundo álbum do proxecto, de novo na [[A Regueifa Plataforma|Regueifa]]. O lanzamento na rede fíxose cun clip do tema "Os piores inimigos". Neste segundo traballo colaboraron diferentes artistas como Noel Feáns de [[Fanny + Alexander]], Martin Wu de [[The Homens]], [[Cable]] ou [[Colectivo Oruga]]. Ademais das voces de Carlos e Yolanda, tamén contou coa colaboración de Xan Vázquez, quen xa cantara con Projecto Mourente na versión de "Corpiño Xeitoso". Con "Kara.o.ke", o proxecto continúa a liña iniciada no primeiro traballo con cancións bailábeis de pop electrónico programadas e gravadas nun simple estudio caseiro. No verán de 2008, o tema "Chuliboy" resulta finalista no concurso [[A Polo Ghit]] e o Projecto Mourente inclúe o guitarrista '''Álex Sueiras''' para as actuacións ao vivo.
==Discografía==