Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
Sen resumo de edición
Liña 45:
 
==O ideario político de Heidegger==
Heidegger, do mesmo xeito que moitos pensadores do seu tempo, cría que a cultura occidental estaba atravesando por unha época de decadencia. Ó mesmo tempo, tamén pensa que o pobo alemán ten unha misión histórica similar á do pobo grego nos albores da nosa civilización: foi o encargado no seu día de imprimir o rumbo espiritual a [[Europa]] e, por extensión, a todo [[occidente]]. No momento presente, en cambio, teríase chegado a unha etapa de absoluta desorientación e depresión cultural. Ante esta situación, Europa necesitaría reorientar o seu camiño espiritual. Do mesmo xeito que na [[Grecia clásica]] a filosofía exerceutentou exercer de guía social, [[moral]] e [[política]], tamén agora a institución depositaria do saber, a [[Universidade]] alemá, tería que asumir as rendas do destino de occidente. Deste xeito, Heidegger quere reflexionar sobre o inicio de occidente para descubrir aí unha posibilidade de superación da decadencia e revivir unha nova era na que [[Alemaña]] sexa o novo director (''Führer'') da cultura occidental.
 
Con este sentir mental e ideolóxico asume en [[1933]] o Rectorado da Universidade de [[Friburgo]] e pronuncia o célebre discurso ''[[A autoafirmación da Universidade alemá]]''. Ó inicio desta conferencia afirma que “os propios dirixentes son sempre dirixidos pola inflexible misión espiritual que obriga ó destino do pobo alemán a tomar a impronta da súa historia”. Esta e outras afirmacións relativas ás “forzas da raza e da terra” como garantía de grandeza espiritual para o pobo alemán, confírenlle a esta conferencia certos vernices ideolóxicos nazis. Mais Heidegger, como apunta Ramón Rodríguez, non se ve a si mesmo como un servidor do ''Führer'' ([[Hitler]]), senón máis ben como a encarnación dun auténtico e renovado espírito alemán e, en consecuencia, como modelo, conselleiro e guía do ''Führer'', algo así como Platón cos tiranos de Siracusa. En certo sentido, Heidegger pensaba que a súa autoridade intelectual conferíalle lexitimidade para exercer de guía moral e político, non só da Alemaña, senón de todo occidente. O nacionalsocialismo sería visto por Heidegger como un movemento social renovador do que el se podería servir na realización dos seus propósitos.
 
Poucos meses despois de aceptar o Rectorado, Heidegger presentou a súa dimisión ante as autoridades nazis por “diverxencias insuperables entre a concepción
nacionalsocialista da Universidade e da ciencia, e a miña”. Desde entón foise distanciando discretamente do [[nacionalsocialismo]] ainda que, como da a entender nunha entrevista publicada despois de morto, nunca abandonou o significado esencial do discurso rectoral de 1933 que, segundo el, consistía en renovar a Universidade e a [[ciencia]] alemás co obxectivo de ofrecermostrarlle unhaá orientaciónsociedade socialalemana óa pobosúa alemánmisión espiritual. De todas formas, á altura de 1966, Heidegger xa non ve con optimismo a posibilidade dun proxecto semellante pois, como tamén afirma na mesma entrevista, agora “só un [[deus]] pode aínda salvarnos”.
 
==Repercusións==