Virxindade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 13:
Usando a definición do himen intacto, unha muller pode participar do [[sexo oral]] ou [[sexo anal|anal]] e seguir sendo, tecnicamente, virxe. De igual xeito, o himen pódese desgastar ou por razóns diferentes ás relacións sexuais, como o montar dacabalo ou bicicleta, practicar ballet, facer ximnasia ou ata un golpe forte. Esta definición da virxindade dá orixe á práctica nalgúns países de ''restaurar a virxindade [[cirurxía|cirurxicamente]]'', é dicir, mediante unha reconstrución do himen.
 
En relixións como a [[xudaísmo|xudía]] e [[islamismo|islámica]], puederpor ser un factor importante do valor espiritual e un requisito para o [[matrimonio]].
 
En varias culturas africanas aínda se practica a [[Infibulación|infibulación]] das nenas entre 2 e 8 anos de idade como xeito de preservar o himen e a virxindade. A operación é realizada por unha curandeira ou parteira, sen anestesia, e consiste nunha [[Ablación|clitoridectomía]] seguida por un peche vaginal permanente. Soamente déixaselles unha pequena abertura para a emisión de ouriños e sangue menstrual. É frecuente que as nenas sufran infeccións graves como resultado da práctica. Anos máis tarde, a vulva ábrese cun coitelo inmediatamente despois do matrimonio ou antes dun [[parto]].