Diferenzas entre revisións de «Fidalguía»

A formación da fidalguía característica de Galiza tivo lugar no [[século XVI]] ligado ao fenómeno dos [[foro]]s: [[escudeiro]]s cregos e funcionarios investían os seus capitais para convertérense en arrendatarios dos dereitos dos mosteiros, que posuían a maioría da terra na Galiza, e traballaron durante 4 séculos como intermediarios, cobrando aos labregos e dándolle parte ao clero. O fenómeno de acumulación foi relativamente rápido e non exento de coaccións.<ref>Enciclopedia Galega: Vol. XVII, páx 106. Hidalguía</ref>
 
Esta transferencia de capitais vese no feito de que segundo salienta Juan E. Gelabert en Santiago en [[1588]] o 13% da riqueza pertencía aos fidalgos e o 39539% aos mercaderes mentres que en [[1635]] o reparto era 43%-10%. Estes primeiros foreiros engrandeceron os seus patrimonios , estabeleceron morgados e procuráronse por todos os medios posíbeis a obtención dunha carta de fidalguía que confirmaba o seu ascenso social e os eximía de pagaren tributos directos.
 
Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa [[desamortización]] e desapareceu definitivamente coa redención dos foros.
15.153

edicións