Fidalguía: Diferenzas entre revisións

membros da nobreza española e portuguesa, sen título hereditario
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A "fidalguía", isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento mais baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón). O...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2008 ás 09:18

A "fidalguía", isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento mais baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).

O conceito de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos[1], cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que na Galiza, no Catastro de Ensenada só aparecian 10935 fidalgos, menos do 1% da poboación.

A fidalguía na Galiza

A formación da fidalguía característica de Galiza tivo lugar no século XVI ligado ao fenómeno dos foros: escudeiros cregos e funcionarios investían os seus capitais para convertérense en arrendatarios dos dereitos dos mosteiros, que posuían a maioría da terra na Galiza, e traballaron durante 4 séculos como intermediarios, cobrando aos labregos e dándolle parte ao clero. o fenómeno de acumulación foi relativamente rápido e non exento de coaccións.[2]

Esta transferencia de capitais vése no feito de que segundo salienta Juan E. Gelabert en Santiago en 1588 o 13% da riqueza pertencía aos fidalgos e o 395 aos mercaderes mentres que en 1635 o reparto era 43%-10%. Estes primeiros foreiros engrandeceron os seus patrimonios , estabeleceron morgados e procuráronse por todos os medios posíbeis a obtención dunha carta de fidalguía que confirmaba o seu ascenso social e os eximía de pagaren tributos directos.

Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa desamortización e desapareceu definitivamente coa redención dos foros.

Referencias

  1. Filipe II recoñeceu en 1562 a fidalguía de todos os guipuscoanos. Etnogénesis y etnicidad en España Christiane Stallaert páx 72[1]
  2. Enciclopedia Galega: Vol. XVII, páx 106. Hidalguía