Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 21:
'''Etapa ontolóxica'''
 
Despois de 1930, en que pronuncia a conferencia ''Da esencia da verdade'' (publicado en 1943), o pensamento heideggeriano empeza a apuntar cara novos camiños. Desde entón Heidegger abandoa a analítica existencial. Parece como se advertise na súa filosofía restos do subxectivismo moderno: o suxeito, aínda que agora é visto desde o plano existencial e non esencial, segue a xogar un papel cenralcentral no seu proxecto filosófico. O caso é que Heidegger comeza a pensar que non é posible construir unha nova ontoloxía a través da "antropoloxía existencial", máis ben ten que suceder que sexa o Ser mesmo, previo a todo ente e fundamento del, quen proporcione, por si só, o sentido de toda a realidade. Agora a Heidegger xa só lle interesa o Ser (ontoloxía). Pero este novo enfoque do ámbito transcendental presenta serios problemas ó pensamento filosófico tradicional. Este sempre expresouse por medio da linguaxe e é esta linguaxe a que interesa ó novo Heidegger, pero non no contido semántico do que ''di'', senón apuntando a un sentido non dito que está como fundamento do dito. Este "sentido oculto" ten que aparecer a un auténtico ''escoitar'' (xa en ''Ser e tempo'' aparecía esta idea), pois sempre que dicimos algo estamos xa ocultando esa outra dimensión da linguaxe máis orixinaria e na que habita o Ser. A linguaxe heideggeriana nesta etapa adopta, conforme á esixencia do propio proxecto filosófico, un caracter poético e místico e, para algúns, simplemente teolóxico. Non se debe esquecer que é na teoloxía, precisamente, onde hai que buscar os inicios do pensamento heideggeriano. Outro tema importante nesta segunta etapa, relacionado con esta primacía do Ser, son as meditacións de Heidegger sobre a esencia da técnica, de enorme influencia no pensamento contemporáneo(por exemplo, a Escola de Francfort, Hans Jonas, etc.).