Emilio Martínez Garrido: Diferenzas entre revisións

industrial e político galego
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Emilio Martínez Garrido''', foi un industrial e alcalde da cidade de Vigo (1886-1936). Gañou as eleccións municipais durante o período da Segunda República Española polo p...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2008 ás 09:04

Emilio Martínez Garrido, foi un industrial e alcalde da cidade de Vigo (1886-1936). Gañou as eleccións municipais durante o período da Segunda República Española polo partido do PSOE e presidiu Vigo nun momento de desenrrolo económico.

En xullo de 1936, co comezo da Guerra Civil Española, en Vigo formouse un Comité del Frente Popular, coa participación de concelleiros, o alcalde e os diputados, cando o goberno republicano central chamou á formación de comités permanentes para facer fronte á crise.

Reunidos no concello de Vigo, o Comité tentou manter a estabilidade na cidade. Cando o oficail ó mando da Garda de Asalto ofreceu ós seus homes para defender o concello e armar voluntarios, o alcalde negouse rotundamente, aducindo que o comandante militar déralles a súa palabra de lealdade; cando os responsables da Confederación Nacional do Traballo en Vigo (un importante núcleo obreiro naquela época) ofrecéronse ó Comite para defender a cidade ante o golpe militar inminente e pediron armas, o alcalde expulsounos do concello e ameazounos con facelos deter pola policía dado que seguía confiando na palabra do comandante militar.

Ó día seguinte, 20 de xullo, os oficiais militares sublevaron e na Porta do Sol de Vigo dispararon contra a multitude que se manifestaba a favor da Segunda República. O Comité do Frente Popular dirixido polo alcalde, foi detido e tras un xuízo militar, Emilio Martínez Garrido foi fusilado o 27 de agosto de 1936.