Casco de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m minúscula
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''casco de Leiro''' é un casco ou unha cunca de [[ouro]], probablemente da [[Idade do Bronce]] Media ou Final, atopado de xeito fortuito por José Vicente Somoza, dentro dunha vasilla de barro, durante unhas obras de construción dun galpón na parroquia de [[Leiro, Rianxo|Leiro]], no concello de [[Rianxo]]. Na actualidade consérvase no [[Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón]], na [[A Coruña|Coruña]].
 
Presenta paralelismos con outros exemplares da [[península Ibérica]], como as cuncas de '''Axtroki''' e '''Villena''', e do norte de Europa.
 
==Descrición==
É de forma esférica e remata nun pequeno tronco de cono de base estreita. O seu diámtrodiámetro máximo é de 195 mm e unha altura de 150 mm máis os 23 mm do remate. O seu peso é de 270 gramos.
 
A imaxe de pezas similares centroeuropeas poida que fose primeiro unha cunca, usada para algún tipo de ritual, e despois, engadido o remate, usado como ''"casco de parada"'', símbolo da autoridade dentro dunha xerarquía, xa que a delgadez da lámina desbota calquera aplicación defensiva.
 
A peza presenta decoración en toda a súa superficie, feita mediante a técnica do [[repuxado]]. Os motivos, bolos, dispóñense en bandas horizontais separadas por grupos de tres baquetóns paralelos (ata seis bandas) que desaparecen no remate. Presenta bolos simples e bolos rodeados de catro baquetóns circulares concéntricos enmarcados entre catro boliños.
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.arqueoloxico.com/images/casco1.jpg Imaxe do Casco.]
*[http://www.elpater.com/contenidos.html# Páxina do Museo do Castelo de San Antón cunha ligazón a imaxes do casco.]
*[http://neixon.blogspot.com/2007/07/o-currucho-dos-porcos.html Blog do director das escavacións dos Castros do Neixón onde se mostra o galpón cuxa construción levou ao achado do casco.]
 
[[Categoría:Xoiaría de Galicia]]