Idade de Bronce en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Historia de Galiza}}
 
Os primeiros metais e a cerámica campaniforme chegaron a [[Galiza]] procedentes de [[Portugal]] cara ao ano 2000 antes de Cristo, durante [[o [[Calcolítico]] ou [[Idade do Cobre]].
 
Na [[Idade do Bronce]] (1800-500700 a.C.), a [[metalurxia]] comezou a evidenciar cambios tanto na forma como na [[técnica]] coa aparición do [[bronce]]. A base económica foi a agricultura, a gandería e o aproveitamento dos recursos mariños; aínda que a metalurxia do bronce debeu xogar un importante papel, mesmo no crecemento dos intercambios destes bens coa [[Europa atlántica]] e co [[Mediterráneo peninsular]].
 
Son numerosas as pezas de ourivería que conservamos: pulseiras, diademas, brazaletes,...; o que evidencia a [[xerarquía|xerarquización]] desta sociedade. Pola súa cantidade e calidade destaca o [[tesouro de Caldas de Reis]] ([[Caldas de Reis]]), hoxe no [[Museo Provincial de Pontevedra]], así como o [[casco de Leiro]] ([[Leiro, Rianxo|Leiro]], [[Rianxo]]), no Museo Arqueolóxico do [[Castelo de San Antón]], na Coruña.
 
A importancia da guerra para esta sociedade amósanola o numeroso armamento metálico que atopamos: puñais, machadas, punta de lanza, espadas,... Os lugares nos que apareceron os restos de maior importancia foron [[O Hío]] ([[Pontevedra]]), [[Roufeiro]] ([[Ourense]]) e Leiro.
 
Da Idade do Bronce consérvase unha gran cantidade de gravados en penedos ao aire libre, denominados [[petróglifos]]. Aparece a finais desta época a [[Cultura Castrexa]].