Diferenzas entre revisións de «Templo romano»

m
sen resumo de edición
(Nova páxina: thumb|right|200px|Templo de Augusto en [[Pula, Croacia]] O '''templo romano''', era o lugares de culto da Antiga Roma. Na súa orixe resultou...)
 
m
[[Image:Augustus temple Pula.jpg|thumb|right|200px|Templo de Augusto en [[Pula]], [[Croacia]]]]
O '''templo romano''', era o lugareslugar de culto da [[Antiga Roma]]. Na súa orixe resultou da combinación entre o tipo de [[Templo etrusco|cella etrusco-itálico]] e o [[pórtico de columnas]] do [[templo grego]], con planta rectangular e lixeiras diferenzas no que [[Vitrubio]] chamou [[orde toscana]], case cadrado sobre [[zócalo]] accesible por unha escaleira anterior (''podium''). No entanto, os esquemas varían moito e adoptan singularidades, sobre todo en [[Oriente]]. Os de planta rectangular son os normais; así, o de [[Templo de César]] no [[foro de Roma]], edificado onde se incinerou o seu corpo, tiña un ''podium'' recuberto de placas de pedra, cuxa parte dianteira avanzaba cara ao foro e formaba unha tribuna (''rastra Julia''), en cuxo centro un semicírculo deixaba lugar para o altar, e aos lados estaban os espolones das naves capturadas en [[Accio]]; por dúas escaleiras subíase ao templo hexástilo e próstilo; outro exemplo, moi ben conservado, é a [[Maison carrée]] en [[Nimes]], hexástilo e pseudo-períptero corintio, construído por [[Augusto]] en honra dos seus fillos adoptivos [[Agripa]], [[Caio]] e [[Lucio]].
 
A [[planta circular]] aplicouse aos templos de [[Vesta]], en memoria da cabana romana; segundo Vitrubio, podía ter ou non [[cella]] interior, sendo o primeiro un ''tholos'' con [[pórtico]], como o de [[Tívoli]], de tempos de [[Sila]], ou o do foro romano. Notable tamén o [[templete de Baalbek]], precedido dun pronaos tetrástilo, e sobre todo o [[Panteón de Agripa]], fundado por Augusto e refeito por [[Adriano]], cuberto por unha enorme bóveda e precedido por un pronaos octóstilo. Unha planta especial é a dos [[capitolio]]s, adicados á [[Tríada Capitolina]], con tres cellas contiguas e paralelas en sentido lonxitudinal, situándose a [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]] no centro, á dereita [[Xuno]] e á esquerda [[Minerva]]; os sacrificios ofrecíanse na porta da capela de quen se quería honrar; outros capitolios acháronse en [[Timgad]] ([[Alxeria]]), [[Pompeia]], [[Sbeitla]] ([[Tunisia]]), e outros lugares ata onde se espallou o [[Imperio Romano|Imperio]].
{{Commons|Category:Ancient Roman temples}}
 
[[Categoría:Templos romanos| ]]
==Referencias==
{{Enciclopedia GER|http://www.canalsocial.net/GER/ficha_GER.asp?id=8715&cat=Historia}}
 
 
[[Categoría:Templos romanos| ]]
 
[[ca:Temple romà]]
23.057

edicións