Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
movo contido a Vilaxoán
Liña 1:
{{en uso}}
{{Coordenadas|42_35_04_N_08_47_03_W| 42° 35' 04" N / 8° 47' 03" O}}
{{Atención}}
{{Parroquia
|nome = San Martiño de Sobrán
|imaxe = Iglesia de San Martiño de Sobrán.jpg
|lenda = igrexa parroquial
|concello = Vilagarcía de Arousa
|superficie = 5,9
|poboación = 1.480
|xentilicio =
|entidades = 11
}}
 
'''San Martiño de Sobrán''' é unha parroquia do concello [[provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Vilagarcía de Arousa]]. Segundo o [[IGE]] no ano 2007 tiña 1.480 habitantes (701 homes e 779 mulleres), todos eles no lugar de [[Vilaxoán, Sobrán (san Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]]. Isto supón un aumento de 17 persoas respecto ó ano anterior.
 
Atópase á beira esquerda da [[ría de Arousa]]. Nela atópase a [[igrexa de San Martiño de Sobrán]].
 
Vilaxoán de Arousa atópase na marxe esquerda da Ría de Arousa na posición de latitude 42º 35` 4 N. e lonxitude 08º 47´ 3 W, esta vila e porto é o núcleo de máis importancia tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobrán. Toda a freguesía ten unha superficie de 5,9 Quilómetros cadrados con 83 Hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004, foi concello de seu desde 1836 ata 1913 e desde esta data pertence ao concello de Vilagarcia de Arousa.
 
Non se ten moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración , a toponimia nos da pé a xulgar de que a Vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a fins do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulimentada e cobre pertencentes a razas aborixes, pódese dicir sen dúbida que a Vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia.
 
Na nave da Igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII e máis no cemiterio,
apareceron "sartegos " antropoides e moedas dos reis visigodos Égica e Witiza, achados que puidera ser descubertos cando se acometeu unhas obras, tanto no cemiterio como no adro no ano 1874 estando de crego Vicente María Tettamanzi, rematando estas obras no ano 1880. Estas obras do cemiterio houbo que replantar a parte que está diante da fachada principal da Igrexa, construíndo unha fermosa escaleira de perpiaño que dá entrada ao adro do camposanto. A obra tiña unha razón de ser, xa que por estas datas o camposanto atopábase ao descuberto e os nenos que pasaban para a escola sempre estaban a xogar dentro do mesmo e algunhas persoas pasaban por el para atallar camiño. Tamén fixo construír unha parede que separaba o adro da rúa e outro que deslindaba o camposanto co adro e tivo a necesidade de facer outra parede pola parte do nacente pechando completamente o cemiterio. Todas estas paredes deron lugar a outros departamentos e locais separados, un deles quedara como adro principal embelecido con árbores e outro atópase ao carón do ábsida da Igrexa. A desigualdade do terreo deu lugar á necesidade de erguer a terra pola entrada, así como desmontar rebaixando todo o terreo da parte superior. Este traballo non foi moi doado, ao mesmo tempo moi custoso naquelas épocas, sacándose unha morea de carros de terra e rochas que houbo que rachar para da-lo fondo indispensable e poder abrir sepulturas. Ademais das devanditas obras, construíronse paredes exteriores para pechar unha pequena praza que se atopaba por diante dunha escola de nenos. Como anteriormente dixen, coido que os devanditos achados tiveran lugar nestas obras por mor de que o Crego Tettamanzi era unha persoa dun alto nivel cultural e de unha perspectiva social progresista. Esta remodelación que fixera este crego aínda perdura hoxendia, con algún e outro troco no percorrer dos anos, a fasquía é a mesma.
Na obra “Legado Histórico de Fermín Bouza-Brey” de Marcelino Abuín, comenta dos indicios da presenza sueva onde aparecen algunhas novas de achados arqueolóxicos nesta freguesía de San Martiño de Sobrán, novas recollidas no xornal “El Porvenir “ de Santiago de Compostela no ano 1876. Marcelino expón o contido destes achados no seu libro: “ No adro cemiterio da igrexa parroquial, a máis de dous metros de profundidade.....descubriuse casualmente ao abri-los cimentos para construír unha capela unida ao hastial do norte, un antigo cemiterio.
Sete foron polo menos as sepulturas descubertas só na profunda gabia aberta para a devandita obra e, ademais, indicios das moitas que existiron primitivamente naquel chan.
Na súa maior parte compoñíanse de grandes lastras de máis de tres metros de alto, que formaban a maneira dunha caixa máis ancha na cabeceira ca nos pés e cun fondo que estaba revestido de grandes ladrillos e nalgunhas tamén de baldosas. Había algunhas que tiñan as paredes laterais formadas de ladrillos un unha atopábase escavada na roca ata a terceira parte da súa altura.
Varios foron os ladrillos enteiros que, uns de barro e outros de cal, se sacaron, e todos eran notables polas súas dimensións. Habíaos cadrados de máis dun pé de lado e rectangulares de dúas e media cuartas de longo e unha de largo e tres polgadas de espesor.
 
Nalgunhas das sepulturas foron depositados varios cadáveres. Débese nota-lo tamaño dos osos extraídos, así como o espesor dos cranios, que nalgúns chegaba a catro liñas.
Ao nivel dos sepulcros tamén se descubriu un pequeno arco de sillería curvado por un lado e cuberto no seu interior de terra negra, que parecía cinza descomposta, unha capa de muíño de man se encontrou a pouca distancia “.
 
As necrópoles galegas onde máis se asentaron foron nas provincias de A Coruña e Pontevedra. Nestas necrópoles, o uso dos sarcófagos remóntase aos primeiros tempos do cristianismo, uns tiñan forma de cuba rectangular (Iria Flavia, Santiago, Santo Tirso de Oseiro etc), outros adaptábanse á forma humana, con formas antropomórficas, en parte con ondulacións en forma circular ou case de ferradura na cabeceira.
 
Non parece seguro que tódolos sistemas de enterramento estiveran recubertos de pranchas espesas, senón por sistemas de cuberta do máis elemental, eran de pedras de dimensións variables de formas máis ou menos regular. Desta clase de sarcófagos temos dabondo unha lista de exemplos que apareceron de moitas maneiras: Tallados na rocha (Portomouro, Vedra, Sarandon, Fornelos etc), ou ben como “sartegos” a ras da terra (Iria, Santiago, A Lanzada, San Vicente do Grove, Caldas de Reis, Ouviña-Cambados e San Martiño de Sobrán-Vilaxoán).
 
Tamén apareceron achados de olería romana e moedas dos emperadores Constancio Cloro e Constantino, isto danos a entender, que os romanos tiveron contacto coa Vila. Os topónimos que atopamos en toda a freguesía nos da pé para dicir que os Iberos, Fenicios, Gregos, Celtas e Romanos de primeiro e os Godos, Suevos, Normandos e Árabes despois, estiveron poboando este porto de Sobrán.
 
Nos escritos de Manuel Murguía da colección “Galicia, sus monumentos y artes-su naturaleza e historia de 1888” , comenta que, ao saír de Vilagarcia na dirección de Cambados e a curto treito do convento de agustinas (xurisdición de Sobrán naquelas datas), atopouse nun terreo de enxurrada un grandeiro depósito de cunchas entre as cales
ollábanse mesturados ósos de animais, compoñendo o todo dun verdadeiro kjoekkenmoedding ou refugallos de cociña. Cubertos con unha capa de terra de seixos, cando os obreiros comezaron a escava-la fendedura e reenche-la estrada, apareceu o depósito, no cal predominaban as cunchas de ostras, berberecho e mexillón. En cada intre aparecían ósos que polas súas dimensións puideron ser de grandes paquidermos extintos e tamén de restroballos de cerámica e mosaicos romanos. Explorou moi lixeiro este depósito, sempre que que lle permitían as circunstancias, D. Ramón del Valle Bermúdez pai do gran literario Ramón del Valle-Inclán. D. Ramón del Valle tivo a mágoa de non poder salvar dunha completa destrución por mor con que axiña os traballos da construción do novo peirao de Vilagarcia (alertara desta destrución no seu xornal “La Voz de Arosa”), xa que buscando terra para o recheo acometeuse o desmonte do terreo onde se atopaba estes restos das nosas primitivas antigüidades, non lle deron tempo para máis que atopar algúns ósos e un cranio humano, onde asegurou que os ósos estaban uns con ocos fendidos como para sacarlle a medula, outros presentaban raias lonxitudinais e señais de raspaduras como se foran feitos con útiles de pedra. O Sr.Valle tratou de conserva-lo cranio para o estudio das xeracións vindeiras, gardouno nun caixón, pero foi vítima dos xogos infantís dos seus fillos desaparecendo, cousa moi doada cando, o cranio era de feble consistencia pola súa antigüidade e pola gran humidade do terreo no que se atopou.
 
Na Enciclopedia Universal Ilustrada de 1920, fala da punta do Preguntoiro e un pouco máis aló da punta da Gorma é do illote do mesmo nome, onde era un punto preferido dos mariñeiros de Vilaxoán na pesca do congro ao palangre, comentando que, tendo este illote moi pouca extensión debeu estar habitado en tempos remotos, onde en 1915 afloraban na súa superficie anacos de tégula romana.
 
O eminente polígrafo vilagarcián D. Fermín Bouza-Brey, expoñía nas súas teses que, os romanos escolleran o porto de Vilaxoán como un dos que arribaren de cando en vez nas súas viaxes pola Ría de Arousa, na súa opinión comentaba que tódolos achados de restos de ánforas procedían da limpeza dos barcos que se atopaban no porto.'''
 
{{Vilagarcía de Arousa}}
[[Categoría:Vilagarcía de Arousa]]
 
[[es:Vilaxoán de Arousa]]