Maria João Pires: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
 
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Maria João Pires''' ([[Lisboa]], [[23 de xullo]] de [[1944]]) é unha [[piano|pianista]] [[portugal|portuguesa]].
 
De moi cedo aprendeu a tocar o [[piano]]: aos cinco anos deu o seu primeiro recital e aos sete tocou publicamente concertos de [[Mozart]]. Con nove anos recibiu o premio da Xuventude Musical Portuguesa. Entre [[1953]] e [[1960]] estuda co Profesor Campos Coelho no [[Conservatorio de Lisboa]]. Prosegue os estudos musicais na [[Alemaña]], primeiro na Musikakademie na cidade de [[Múnic]] con Rosl Schmid e depois en [[Hannover]] con Karl Engel.
Liña 7:
Ao longo da súa carreira realizou numerosas digresións onde interpretou obras de [[Johann Sebastian Bach|Bach]], [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]], [[Robert Alexander Schumann|Schumann]], [[Schubert]], [[Mozart]], [[Brahms]], [[Chopin]] e moitos outros compositores dos períodos clásico e romántico. Maria João Pires foi convidada con regularidade polas grandes orquestras mundiais para tocar nas mellores salas de concerto de Europa, Canadá, Xapón, Israel e dos Estados Unidos.
 
A pianista ten desolvido actividade tanto a nivel individual (recitais, concertos, gravacións) como en [[música de cámara]]: dos numerosos éxitos discográficos, destacan as gravacións "Moonlight", con Sonatas de Beethoven; "Le Voyage Magnifique", integral dos Impromptus de Schubert; Nocturnos e outras obras de Chopin; Sonatas de Grieg; e os Trios de Mozart con [[Augustin Dumay]] ([[violinoviolín]]) e [[Jiang Wang]] ([[violoncello]]).
 
É a fundadora e dirixente do [http://www.belgais.org/ Centro de Belgais para o Estudo das Artes], no concello de [[Castelo Branco]], de cariz pedagóxico, cultural e social.